| Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia,
o 01-08-2008
|
Visitas : 671 |
 En marzo do ano pasado dixeron que cheiraba «a podrecido» e que había que empezar de novo. Onte, os socialistas de Gondomar, co apoio do PP e dun edil independente, cambiaron de opinión e impuxeron ao goberno en minoría do BNG retomar o que xa se coñece no municipio como «o plan xeral da corrupción».
O documento que motivou a detención de dous concelleiros do anterior goberno e dun arquitecto vigués volve estar sobre a mesa para o seu estudo e posible aprobación cos votos de quen o retiraron cando se destapou o escándalo. Os autores da proposta recoñecen agora que o anularon por «criterios de oportunidade política, pola proximidade das eleccións municipais». Continúa na Voz de Galicia
|
|
|
|