Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 02/10
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow O golfiño Gaspar aparece cunha fenda na boca
O golfiño Gaspar aparece cunha fenda na boca PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
Escrito por Redaccion   
Martes, 05 de Agosto do 2008
Foto de Gaspar en decemobro 2007- Foto CEMMA
Foto de Gaspar en decemobro 2007- Foto CEMMA
O golfiño 'Gaspar', que chegou ás costas galegas en decembro pasado, continúa na ría de Vigo dende o pasado xoves e mantén unha gran actividade e presenza en distintos puntos da costa do municipio. Fontes do Grupo de Rescate e Estudo de Mamíferos Mariños (GRUMMAR) informou de que o golfiño mular (Tursiops Truncatus) ten unha ferida no fuciño, un corte vertical desde o interior da boca cara á fazula, e, aínda que se trata dunha 'zona delicada', onde recibe sons, non reviste gravidade. Os especialistas explicaron a Efe que o mamífero 'non para en ningún sitio e desprega unha gran actividade', probablemente debido ao moito ruído que hai na zona.
No entanto, non acompaña, como fixo noutras xornadas, ao barco que se dirixe á illa de Ons, na desembocadura, aínda que si se desprazou nunha ocasión ata a localidade de Moaña.

'Gaspar' chegou a ríaa de Vigo o pasado xoves procedente de Baiona e foi avistado nas costas galegas por primeira vez no pasado mes de decembro, aínda que foi bautizado o 5 de xaneiro, con motivo da festividad dos Reis Meigos.

Famoso tamén Francia
No entanto, en Francia coñéceselle por 'Jean Floc'h', como un famoso corsario, pois a Galicia chegou desde as costas de Bretaña, onde xa se deu a coñecer aos humanos.

Fontes de GRUMMAR explicaron que estes días está tamén pola zona unha manada duns 35 exemplares de delfín, pero non só non se sumou a eles, senón que tivo varios encontros pouco amistosos co grupo, que o rexeita.

Os expertos consideran que sería moi interesante que se sumase a esta manada, aínda que é moi pouco probable. .



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa