| Escrito por Redaccion,
o 07-08-2008
|
Visitas : 409 |
A Concellalía de Turismo de Nigrán, organiza para o mes de agosto unha nova actividade para os mais pequenos, "Xoves de Contos na Foz". A actividade consistirá en divertidas tardes de contos, contados por unha contacontos dunha forma amena e participativa buscando fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos. A actividade levarase a cabo todos os xoves do mes de agosto, na fermosa paraxe da Foz do Miñor, na Ramallosa.
Comezará este xoves 7 de agosto ás 20:30h cunha duración aproximada de 45 minutos A actividade é o aire libre, pero en caso de choiva, trasladaráse a 3ª Planta do Centro da 3ª Idade da Ramallosa.
|
|
|
|