Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow O PSOE denuncia recortes nos servizos de recollida do lixo en Baiona
O PSOE denuncia recortes nos servizos de recollida do lixo en Baiona PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 08-08-2008

Visitas : 925


ImageOs socialistas denuncian que o concello procedeu a recortar o servizo de recollida prestado aos comerciantes de Baiona.
Aseguran que tras recortar os servizos habituais de limpeza no Casco Histórico e nas parroquias de Baiona, a semana pasada o alcalde e o seu equipo de goberno procederon a recortar o servizo prestado ao conxunto de comerciantes de Baiona

Segundo a última nota informativa do concello os comerciantes deberán realizar polos seus propios medios a separación e entrega do lixo no Punto Limpo de Baiona. O PSOE manifesta que os horarios de apertura do Punto Limpo son coincidentes cos horarios de apertura dos locais comerciais e que ditos horarios son excesivamente reducidos e non diarios. 

Os socialistas entenden que "a ineficacia e falta de xestión do goberno municipal fáiselle pagar aos veciños, que ven como sistemáticamente recórtanselle os servizos". O PSOE recordan ao concello de que teñen a obrigación de xestionar e conseguir os medios necesarios para que os servizos préstense aos veciños nas condicións debidas co obxecto de manter ao pobo nas condicións de limpeza e hixiene precisas, "o cal é a todos evidente que non acontece baixo o goberno do alcalde de Baiona. " engade Arturo Pereira.

O PSOE mostrou a súa preocupación polas futuras medidas que tome o alcalde e que dean lugar a maiores recortes nos servizos que afecten aos veciños.Arturo Pereira ironizou en se o próximo paso será que os comerciantes transporten os residuos a SOGAMA directamente.

O PSdeG-PSOE de Baiona puxo de manifesto o silencio que mantén ACEBA ante tales problemas.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >