Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 09/10
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow Patrimonio Cultural Inmaterial: é cousa de tod@s
Patrimonio Cultural Inmaterial: é cousa de tod@s PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
Escrito por Redaccion   
Venres, 08 de Agosto do 2008
Hoxe venres 8 de agosto ás 13 horas terá lugar a inauguración da exposición titulada Patrimonio Cultural Inmaterial: é cousa de tod@s instalada no local da Asociación de Veciños O Castro de Chandebrito.
Esta exposición realízase dentro do proxecto marco de revalorización patrimonial de Chandebrito, promovido polo Concello de Nigrán, cofinanciado con fondos Proder II e que se atopa na recta final de realización, na que tanto a asociación vecinal O Castro como a CMVMC de Chandebrito, veñen prestando unha estreita colaboración. Este proxecto, iniciado a finais de 2006, incorporou entre os seus obxectivos a recuperación da memoria histórica da poboación de Chandebrito, é dicir, do seu patrimonio inmaterial. A partir da información obtida nas entrevistas cos maiores, se confeccionó unha exposición que con paneles, obxectos e un audiovisual, pretende chamar a atención sobre o patrimonio máis fráxil: o que se transmite por aprendizaxe, por vivencias, por tradicións, e que desaparece coas persoas.

Trátase dunha montaxe expositivo temporal e ameno, pensado como un módulo itinerante que será transportado ás institucións públicas, educativas ou culturais que así o soliciten, a partir de setembro.

Nesta mostra, de eminente carácter divulgativo, preténdese motivar aos visitantes para dar continuidade á recopilación de saberes e tradicións, incrementando así a diversidad do noso patrimonio inmaterial.

Mentres tanto, séguese traballando para a consecución das infraestructuras divulgativas dos valores patrimoniales da parroquia, así como outra exposición de carácter permanente que será instalada no mesmo Chandebrito, e que co título de "O ciclo do auga: non o podes perder", recolle o valor do auga para unha parroquia de altura e o patrimonio creado contorna ao seu uso e xestión, con bos exemplos no conxunto da presa de Lapela e os muiños do Regueiro.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa