| Festicultural Berra Nigrán os próximos 13 e 14 de agosto. |
|
|
|
| Escrito por Redaccion | |
| Venres, 08 de Agosto do 2008 | |
|
Os próximos dias 13 e 14 de Agosto celebrarase en Praia América (Nigrán), diante das pistas de tenis, o I FESTIVAL BERRA NIGRÁN, organizado pola asociación Berra Val Miñor. Durante os dous días, a partir das 17:00 h, haberá espectáculos de percusión, malabaristas, novo circo, monologuistas, animación infantil, campeonato de futbito, cucañas... E tamén obradoiros de globoflexia, coiro, papiroflexia, reciclaxe de papel, postos de artesanía, e moitas actividades máis. A partir das 10 da noite terán lugar os concertos. O mércores 13 actuarán os grupos The Gotxos Party de Nigrán e Vantroi, de México. O Xoves 14 será o turno de Soak, do Morrazo, Skacha de Vigo, Tiro na testa de Lalín e Dakidarría, de Nigrán. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|