O Celta B endosou seis tantos ao Nigrán CF, que gañou onte ao Gran Peña por tres goles a dous. O partido estivo dominado de principio a fin polo conxunto vigués, dado o maior nivel técnico e físico dos célticos, aínda que é certo que o Nigrán non estaba nas mellores condicións por xogar onte. Os realizadores da tarde foron Dani Gaíl, Suanes, Pedro e Oriol, os dous últimos por partida dobre. Desta forma, o filial olívico tráese a casa a III Copa Ganain-Gabrat, torneo organizado polo Nigrán CF.
CELTA: Yopiz, Campillo, Castillo, Víctor, Jordi, Candela, Pedro, Mateo, Suanes, Cristian e Dani Gaíl.
Tamén xogaron: Reinares, Guardado, Aitor, Oriol, Chupe e Rubén.
NIGRÁN CF: Ignacio, Davo, Lima, Buga, Urti, Manu, Iván, Rodri, López, Jorge Fernández y Ozores
Tamén xogaron: Landín, Villa, Sanro, Miniño y Borja.
GOLES: 0-1, min.5: Dani Gaíl; 0-2, min.11: Suanes; 0-3, min.24: Pedro; 0-4, min.51: Pedro; 0-5, min.65: Oriol; 0-6, min.84: Oriol.