Unidades do Cantábrico, Galicia, Portugal e Andalucía en busca da vitoria na regata máis importante por etapas da Península. En total cinco etapas entre os portos de Vigo, Baiona, A Pobra, Vilagarcía e Sanxenxo
Ás dúas e media da tarde de onte comezou en Vigo a 45 Regata Rías Baixas Martín Códax-Gran Premio Portos de Galicia con 130 unidades en competición e máis dun milleiro de tripulantes das flotas do Cantábrico, Galicia, Portugal e Andalucía.
A que é a regata máis importante por etapas da vea peninsular como é tradición non ten un favorito claro e serán polo menos unha treintena de unidades as que conten con serias opcións ao triunfo final, nunha serie que consta dun total de cinco etapas con base en Vigo, Baiona, A Pobra, Vilagarcía e Sanxenxo. En total catro serán as divisións nesta edición do Rías: regata (reservada para os pura-sangue), regata-crucero (para os barcos de competición de serie), crucero-regata e crucero, para as unidades menos competitivas.
Continúa en Xornal Galicia