Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada
¡Memoria! ¿Que memoria? PDF Imprimir Correo-e
(5 votos)
 

Escrito por Carlos Méixome, o 12-08-2008

Visitas : 900


Agustín Villafines González, tiña 36 anos, no mes de xullo de 1936, estaba casado, era natural e veciño de Baiona, albanel de profesión e Tenente de Alcalde, en funcións de Alcalde, na altura daquel fatídico mes, daquel tráxico ano. Uns días despois do golpe militar-fascista, o 1º de agosto, preséntase voluntariamente ante as autoridades militares ao considerar que nada debe temer. Equivocouse. Foi encartado na causa 88/36 polo delito de rebelión e condenado a trinta anos de cárcere. Andou de presidio en presidio ata que na altura do ano 41, como os cárceres estaban cheos e a fame era moita, as autoridades sediciosas acordaron liberar a maioría dos presos antes de que morresen en prisión. Cando e como puido exiliouse á Arxentina onde refixo a súa vida. A mesma sorte correu o seu irmán Pepe Villafines. Ambos eran anarquistas. Agustín da fracción máis política, do Partido Sindicalista liderado por Ángel Pestaña. Pepe máis próximo ás posicións da Federación Anarquista Ibérica (FAI). Ambos, irreductibles nas súas ideas libertarias, tiveron a fortuna de poder achegarse, en diversas ocasións, ata Baiona e o Val Miñor antes de falecer.

Na causa citada, 23 veciños de Baiona foron encartados e condenados a diversas penas de prisión. Ademais dos irmáns Villafines, na causa figuran: José Manuel Leyenda Marcote, Urbano Piñeiro Rodríguez, Venancio Valverde González, Bernardo Seoane Vázquez, Rafael Freire Mosquera (a) Rabachol, Juan Eugenio Vila Rouco, Bernardino Diz Rial, Ramón Valverde Pinzás, Joaquín Méndez Durán, Joaquín Duarte Guerra, Joaquín Mandado Marcote, Ángel Rodríguez López, Ricardo Veiga Fuentes, Sabino López Freire (a) Chiribí, Rafael Rodríguez López (a) Perón, Guillermo Freire Pereira (a) Labios, Víctor Veiga Álvarez (a) Vivíllo, Vicente Rodríguez Veiga, Francisco Súarez Morais, Joaquín Méndez Alonso e Marcelino Pérez García. Moitos outros veciños de Baiona pasarían polo mesmo ou semellante calvario. Algúns pagarían coa súa vida, como no caso dos irmáns López Luís, os “Ineses”.Luís, socialista; Pepe, anarquista. Veciños de Sabarís, como Dolores Samuelle Álvarez que cometeu o “delito” de agochalos. Ou os catro veciños de Baiona (Elías Alejandro Gonda Alonso, Francisco Lijó Pérez, Fidel Leyenda Rodríguez e José Rodríguez González) aos que lle roubaron a vida xunto a outros cinco veciños de Nigrán na Volta dos Nove.

O predecesor no cargo de Agustín Villafines fora Benito Ramallo Gómez, que tamén tiña 36 anos, nacera en Noia, estaba casado, mestre no Grupo Escolar de Baiona, que será encartado na causa 1369/36 polo delito de rebelión. Acusación que quedará sobresida por non quedar demostrada a súa intervención contra o “movemento nacional”, aínda que en palabras do Auditor de Guerra da División Militar de Galicia es “elemento de ideología izquierdista cuyas actividades pueden ser perniciosas para el naciente Estado español”. Benito Ramallo pasou catro meses detido en Vigo, naqueles días nos que en calquera noite o podían levar de “paseo” e rematar na gabia de calquera estrada. Agora ben, Benito Ramallo Gómez foi separado do corpo de mestres e dado de baixa no escalafón. Os cargos contra el eran: “militancia en organizaciones afectas a la República, actitudes contrarias a la Causa Nacional, ideología/simpatía de izquierda e irreligiosidad/ateísmo y planteamientos pedagógicos inaceptables”. O prof. Morente Valero en La depuración franquista del magisterio público.La depuración del Magisterio Español (1936-1943) di:

    ... este fue el caso de Benito Ramallo Gómez. (maestro de Baiona-Pontevedra), quien “en el casino de la Villa (...) negó su filiación española” (subrayado en el original) lo que la comisión superior consideró que constituía un hecho de características “monstruosas” y merecedor por si solo de la separación del servicio, como en efecto ocurrió.

Tanto Benito Ramallo como Agustín Villafines foron alcaldes de Baiona moi pouco tempo, a penas un mes cada un, en substitución do dimitido Manuel Godoy Agrelo que cesara como tal o 9 de xuño de 1936.

Un, na súa inxenuidade racional, pensou que aos ex alcaldes que ía homenaxear a actual goberno municipal de Baiona eran os mencionados. Pero non se trataba dun exercicio de memoria democrática senón dunha provocación dos que seguen a pensar que o franquismo foi simplemente un réxime paternalista que cunha man un pouco dura, infortunadamente necesaria, puxo orde no caos e evitou a destrucción da patria española, despois de gañar unha guerra da que todos foron culpables. Esta visión ten aínda amplo predicamento entre sectores dereitistas como os que gobernan en Baiona e noutras partes.

Así que en Baiona homenaxearon aos alcaldes do franquismo por “su porte, su elegancia y saber estar ante los problemas y reveses que pudieran surgir”, por ser máximo goleador do Celta, polo seu “don de gentes y capacidad para hallar el consenso”, pola súa capacidade “para hacer amigos dentro y fuera del ayuntamiento”,ou por ser “claro ejemplo de un alcalde dedicado a pedir no importa dónde, a quién o a qué hora, instituciones, organismos o particulares”.

Se procuramos debaixo da tona destas palabras de gabanza podemos apreciar unha descrición do franquismo. Un réxime institucionalmente corrupto, no que non existen dereitos e deberes senón amizades, pedichóns, fantoches e aduladores dos poderosos.

Ora ben, os gobernantes baioneses non son política e ideoloxicamente nada inocentes, homenaxean aos alcaldes posteriores a 1951 e esquecen a mantenta aos do período 1936-1951. Lembremos algunhas datas: en 1950, a ONU, a instancias dos EE UU, recomendou o fin do illamento diplomático do franquismo; en 1953 asináronse os acordos bilaterais cos Estados Unidos que permitiron a instalación das bases militares norteamericanas e, a cambio, España recibiu as axudas do Plano Marshall; nese mesmo ano asinouse o concordato coa Santa Sé e no 1959 Eisenhower visita España e abrazase con Franco. O réxime asegurábase a supervivencia durante algún tempo. Ese é o franquismo polo que senten nostalxia os gobernantes baioneses.

Unha nostalxia que lles impide o menor xesto de consideración coas víctimas da represión e os empurra a poñer atrancos ao coñecemento dese período. Procurando dificultades varias á realización do monumento na Volta dos Nove, incumprindo axudas prometidas verbalmente, desculpando a asistencia con argucias de última hora, negándose a coidar o espazo do monumento, poñendo dificultades no pouco que se lle pediu cando o Barco da Memoria atracou no peirao baionés, pedindo fianzas, prazos e papeis múltiples para exhumar os cadáveres dos asasinados na Volta dos Nove, impedindo, negando ou dificultando o acceso ao arquivo municipal a diversos investigadores...

Non é este o lugar nin o momento de valorar o labor dos alcaldes aos que se lles concedeu a medalla de Baiona. Non ten importancia a súa, seguramente discutible, xestión municipal, xa que parten dunha precariedade moral orixinaria. Foron colaboradores básicos dun réxime autoritario nacido da sublevación ilexítima contra un goberno democrático e constitucional.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
Titulares
  • Pause
  • Previous
  • Next
1/5
Image Excursión á Illa de Tambo A Concellalía de Educación que dirixe Este Pérez, organiza unha excursión para os cativos á Illa de Tambo para o vindeiro sábado 15 de novembro. A excursión está dirixida a nenos maiores de 8 anos e o prezo por neno é de 7€. A saída será ás 9 da mañá desde a Oficina de Turismo e o regreso aproximado ás 14h.
Ler máis...
 
 
Gondomar
Monti Castiñeiras, Xabier Deive, Mela Casal e Leonel Vieira, onte, durante un descanso do rodaje no pazo Villarés. C. Pereira Un "pazo Baión" en Gondomar A actriz galega Mela Casal, convertida por maxia do celuloide na sinistra matriarca Marica Alberro, traza un escuro plan ante os seus irascibles fillo...
 
Opinión
Turismo y Medioambiente Es un contrasentido que un Concello que tiene el orgullo de presentarse como Municipio de Excelencia Turística no cuide más la ubicaci...
Axenda
Image Xeira cultural pola Foz do Miñor As Concellerías de Turismo e Cultura, organizaron conxuntamente durante os meses de xullo e agosto rutas culturais e naturais para dar a co&nti...
 
Trebellos
Image Oitavos en robocampeones! Este venres pasado, oito alumnos e alumnas de Baiona asistiron ó campionato de robótica “robocampeones“, en Madrid. Dous dos...
Música
Image Niño y Pistola en concerto no Marrucho O vindeiro venres 5 de setembro o grupo pop miñorán máis internacional Niño y Pistola voltan en concerto no bar Marrucho ...
 
Cultura
Image Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño Un ano máis, este outono, a partir do sábado 25 de outubro, celebraráse en Gondomar a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolañ...
 
Motor
Image Vehículos Hibridos II Continuando coa reportaxe anterior sobre os vehículos hibridos, ahora tocaba prestar atención o luxo, pasamos a Lexus...
 

Vigo Integra

Especial Plan Vigo Íntegra

A mina do Ulleiriño, en Baiona, unha das galerías drenantes mellor construída

Axenda

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

O Foucellas

 Verdadeiramente, a maior parte da xente contaba os feitos do “Foucellas” dándolle un aire de criminalidade, os menos, os entendían coma feitos de guerrilla contra o réxime franquista.” ...
Leer artigo ...

Reflexións

O curuto do corvo. Por Carlos Méixome¡Memoria! ¿Que memoria?

 O Cruceiro de San Campio

O tempo

El Tiempo en Nigran - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Rexístrate

Se queres participar, crea a túa conta en valminor.info





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Considera eficiente o servizo de recollida do lixo en Nigrán?
 

Faladoiro


Trebellos >>

Canal Trebellos

Trebellos e novas
tecnoloxías

Música >>

Canal Música

Actualidade e novidades
musicais do momento.

Cultura >>

Canal cultura

Actividade cultural do
Val Miñor e comarca.

Planeta Terra >>

Canal Plante Terra

O canal verde do Val.

Motor >>

Canal Motor

O mundo do motor en
galego.