Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

23 11/08
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow Berra Nigrán
Berra Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 13-08-2008

Visitas : 517


Os próximos dias 13 e 14 de Agosto celebrarase en Praia América, diante das pistas de tenis, o I Festival Berra Nigrán, organizado pola asociación Berra Val Miñor

Durante os dous días, a partir das 17:00 h, haberá espectáculos de percusión, malabaristas, monologuistas, animación infantil, campeonato de futbito, cucañas... E tamén obradoiros de globoflexia, coiro, papiroflexia, reciclaxe de papel, postos de artesanía, e moitas actividades máis. Peter Punk chegará do país de Nunca Máis (cambiou Nigrán por ese país lonxano, pero que conste que é nativo de aquí) para deleitar a todo o público que se atope na zona na tardiña dos dous días. As risas están garantidas cos monólogos de Cabesa de Boi (Cutxi), que exercerá ademais como presentador do festival. Contaremos tamén co grupo de animación infantil Trasnadas e cos dous miñoranos máis tolos, Isla e Jano, que nos sorprenderán co seu magnifico show de rúa, un espectáculo de novo circo que a ninguén deixará indiferente. OS CONCERTOS:

A partir das 10 da noite terán lugar os concertos, o plato forte do festival.
O mércores 13 abrirán o escenario The Gotxos Party seguidos de Vantroi

THE GOTXOS PARTY é un grupo que comezou o seu camiño a principios de 2003 e constituíu unha auténtica revolución no Val Miñor. Os seus directos en clave de festa rachada eran puro descontrol, un xolgorio total con confeti incluído. No seu primeiro disco, "Gotxolandia" (Días de juventud, 2006), quedou plasmada toda unha época que lembraremos no festival BERRA. E isto porque os Gotxos farán doblete: actuarán primeiro coa nova formación e despois coa formación inicial, aquela que tanto nos fixo bailar a tod@s neste val.

E a continuación VANTROI, un grupo de rock nacido en México no ano 1992. Durante máis de 10 anos deron concertos por todo México e percorreron tamén a xeografía española xunto a bandas como Rosendo, Reincidentes, Boikot, Soziedad Alkohólika, Extremoduro, Ska-p, e outros, participando en festivais como Festimad, Viña Rock, Derrame Rock, Extremusika, Tintorrock, etc. E tamén no Arezzo Wave Festival (Italia) e no Foro Social Mundial de Venezuela. O nome da banda procede do guerrilleiro vietnamita Nguyen Van Troy e reflexa o carácter combativo das letras dun grupo que loita contra a inxustiza e a situación que viven os indíxenas mexicanos e outros pobos do mundo.

O Xoves 14 será o turno de Soak, Skacha, Tiro na testa e Dakidarría.

SOAK é dinamita e provocación sobre o escenario e por iso non sorprende que non teñan reparo en definirse como "banda armada", desafiando así a imperante política de corrección. Pero os Soak viven, habitan e pululan pola comarca do Morrazo, marco ambiental tan incomparable como apropiado para as súas descargas. Levan circulando pola carretera do Rock&Roll dende o ano 1989, sorteando curvas, apurando rectas, quedándose colgados por falta de gasolina e repostando nos garitos máis axitados.

TIRO NA TESTA. Os de de Lalín, máis concretamente da Aldea de Don Ramiro, descargarán toda a súa enerxía, a súa mensaxe clara e concisa e o seu son elaborado e potente. Unha banda consagrada no punk-rock estatal.

SKACHA. Xa pasaron 16 anos dende a formación de Skacha no barrio Vigués de Coia. Numerosos concertos en Galiza, Euskadi, Baleares, Catalunya… e seis discos publicados dan boa fe da súa experiencia, contundencia e furia no escenario, tanto en grandes festivais como en locais de pequeno aforo, aportando sempre festa sen esquecerse de denunciar as inxustizas sociais. Hoxe seguen expresando e transmitindo a sincera raiba do Punk-Rock.

DAKIDARRíA serán os encargados de pechar o festival. O grupo naceu no ano 2002 en Nigrán, editando o seu primeiro disco “Fragasaurus Rex” en 2005 (Síndrome Discos). Ese álbum levounos a percorrer boa parte da península ibérica e as Baleares ata que, a finais do 2006, cando se atopaban en proceso de preprodución do seu segundo CD, xurdiu a oportunidade de realizar unha xira por México xunto ó grupo Vantroi. Á volta desa viaxe exitosa e case iniciática, convertidos xa nunha banda intercontinental, comezan a gravar o seu segundo traballo, “El futuro nunca existió”, (Santo Grial Records) que foi editado a principios deste ano 2008. Este disco, no que colaboran grupos do nivel de Boikot, Vantroi, ou Skacha, supuxo a consagración desta banda miñorana, levándoa a actuar nalgúns dos máis prestixiosos festivais do estado español.


A ASOCIACIÓN BERRA VAL MIÑOR:

A asociación Berra Val Miñor, organizadora do festival, naceu no inverno do 2007 froito da falta de actividades culturais e de ocio para a mocidade na nosa zona.

Pretendemos encher ese baleiro, reivindicar outras expresións artísticas: arte da rúa que nace no corazón, nos barrios, nas aldeas ou nos parques. Ofrecer un espacio onde disfrutar do traballo de artistas tanto de aquí coma do outro lado do planeta, un lugar que faga disfrutar e participar a tod@s, un minifundio cultivador de festa e de conciencia.

Con esa premisa e cargados de ilusión comezamos esta aventura que nos regalou risas, suores, nervios, noites sen durmir, alegrías, decepcións... Pero, sobre tódalas cousas, a satisfacción de traballar por algo que sentimos necesario. Foron meses de moitos plans entre birra e birra nos nosos múltiples locais de reunión (véxase Marrucho, Bar Patos ou calquera tasca do “pueblo”), con certa tranquilidade ao principio e cun sprint final repleto de traballo, suor e longas facturas telefónicas.

Somos conscientes de que non gañaremos ese sprint porque non existe a meta, pero aquí estamos, pedaleando, e sexa como sexa iremos elevando as nosas voces ata berrar e conseguir que todo o Val se una ó noso berro. Así que xa sabes Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver BERRA!!!



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa