Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

23 11/08
Portada arrow Opinión arrow O curuto do corvo arrow Nigrán contará cun novo centro para a atención de persoaas con discapacidade
Nigrán contará cun novo centro para a atención de persoaas con discapacidade PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 09-09-2008

Visitas : 645


ImageO vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, anunciou o investimento de 7,3 millóns de euros para a construción de catro centros para atender a persoas con discapacidad, para o que asinou convenios con outras tantas asociacións que traballan neste ámbito.

Destacou durante a súa intervención ante os medios de comunicación que estes novos centros crearán un total de 250 prazas, 70 de atención diurna e 180 de atención residencial. Concretou, ademais, que o 75 por cento do total de prazas creadas poñeranse a disposición da rede pública de atención.
Así, dous dos centros estarán localizados en Vigo, outro en Nigrán e o último no concello ourensano de Peroxa.

En canto aos prazos de construción, o primeiro dos centros estará terminado a principios de 2009 e o últimos estará construído a mediados de 2010. O vicepresidente da Xunta informou de que estes catro centros enmárcanse no ‘Plan de Equipamientos de atención a persoas con discapacidad 2008-2010’, que conta cun orzamento de 35,4 millóns de euros.

Ademais, Quintana presentou a ‘Guía de vantaxes e medidas de apoio’ para persoas con discapacidad, que contén ‘todos os programas, servizos e centros’ que se están executando desde a Xunta neste ámbito. Esta guía pretende superar o ‘contraste’ que existe entre o ‘impulso’ de novos programas e o ‘escaso coñecemento’ que se ten destes, dixo.

Por outra banda, recordou que se van a licitar de forma inmediata as obras para a construción dun centro público de atención á discapacidad, que estará ubicado en Pontecaldelas.
Quintana sinalou tamén que actualmente está en construción o Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI), que conta cun orzamento de 8 millóns de euros.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.