Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

23 11/08
Portada arrow Canais arrow Motor arrow Vehículos Hibridos II
Vehículos Hibridos II PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Diego G. Moreira [GalegoMotor.es], o 23-09-2008

Visitas : 257


Image

Continuando coa reportaxe anterior sobre os vehículos hibridos, ahora tocaba prestar atención o luxo, pasamos a Lexus...

Image

Lexus GS 450h: O inicio da gama hibrida de Lexus comeza con este GS, un modelo que está tanto dispoñible en versión gasolina totalmente ou hibrida. A verdade é que é un coche moi recomendable como alternativa as berlinas tradicionais alemanas e cun consumo moi recortado para o coche que é.

Leva un motor gasolina de 354 cv de 3.5 L V6 combinado cun motor eléctrico tipo AC- síncrono de 200cv de pontencia. Ten unha velocidade punta de 250km/h cun consumo mixto de 7,9 l/100km. Un dato moi moi baixo dado a embergadura do coche.

Image

Tocanos falar de prezos, que oscilan desde os 61.825 € ata 72.380 €. Para ser o vehículo que é cun equipamento incluso mellor que algúns rivais e cuns consumos que son imbatibles non é nada caro. Xa que conta con prestacións dun motor 3.5 v6 de 354 cv cun consumo dun 2.0 gasolina.

Image

Lexus RX400h: un dos mellores todoterreos de luxo que existen no mercado. Se encontrar un vehículo hibrido é complicado, un todoterreo ou SUV hibrido convértese en tarefa complicada. Pero ter un coche de grande embergadura e o mesmo tempo ter controlados os consumos e as emisións no é unha utopia.

Image

Vaiamos as cifras, motor 3.3 V6 gasolina, que da 211 cv combinado con dous motores eléctricos, un no exe dianteiro e outro no eixe traseiro, de 167 cv e 68 cv respectivamente. A suma total 272 cv.
Os materiais son de un vehículo a altura do X5, ML ... Un posto de conducción con todo luxo de detalles, ausencia de vibracións, e sobre todo materiais de primeira.

O prezo? 55.400 € por ese prezo, tamén é un problema para o resto de SUV de luxo.

Image

Lexus LS600h: Unha completa limusiña. Esta é a frase que mellor define esta gran berlina, que conta con todos os elementos de confort, facendo que tanto conductor coma pasaxeiro se sintan como no sofa da súa casa ( no caso do pasaxeiro, asentos con masaxe e todo).

O deseño foi un gran acerto, a tecnoloxía que emprega directamente é única no mercado e sobretodo un coche con 400 cv de potencia tamén pode ser eficiente no consumo cunha media de 9 l/100 km.


Image

Motor 5.0 V8 de 394 cv máis un motor eléctrico de 224 cv que rondan entre os dous máis de 400 cv de potencia. Todo isto cun consumo 9.3l/100 km, só un modelo se le achega, o BMW 745d pero que perde en canto a prestacións. Conta con tracción permanente as catro rodas cun diferencial tipo Torsen que practiamente nunca perde tracción sobre ningunha superficie, algo impresionante (que temble Quattro de Audi)

A verdade é que nunha visual tan rápida coma esta non se pode entrar en moitos detalles, dos que sen dúbida ten este coche. Para rematar o prezo, 143.000 euros.
A modo de comparación, por exemplo un BMW 760i ten un prezo base de 144.900 euros coa mesma potencia, ainda que con menor equipamento.


Image

Espero que esta reportaxe sobre os hibridos vos gustase, e dentro de pouco tempo voltaremos o tema ecoloxico, porque no Salón de París deste ano aparecerán grandes novidades.

Fotos: Lexus

Texto: Diego G. Moreira




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
Seg. >