Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada arrow Novas arrow Xerais arrow Melloran o firme dunha pista forestal de Baiona con restos arqueolóxicos do século IV
Melloran o firme dunha pista forestal de Baiona con restos arqueolóxicos do século IV PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia, o 16-09-2008

Visitas : 570


ImageAs escavacións realizadas para a construción dun xeriátrico en Nigrán sacaron á luz o ano pasado un dos xacementos arqueolóxicos máis interesantes da comarca pontevedresa do Val Miñor. Unha parte deses materiais acabou agora formando o recheo de cascotes que a comunidade de montes de Bahíña, en Baiona, utilizou para acondicionar unha pista forestal.

A empresa construtora depositou fai tres meses estes materiais mesturados entre os cascallos co permiso da comunidade de montes, que adoita aproveitar os residuos de obras para reformar os accesos da zona forestal.

Pouco despois, uns senderistas con coñecementos de arqueoloxía localizaron os restos de xeito casual e denunciaron o caso ante a Consellería de Cultura, que mantén aberta unha investigación.

A pista forestal aínda continúa albergando restos arqueolóxicos. Un membro do Instituto de Estudos Miñoranos atopou fai unha semana un pedazo de dintel con motivos ornamentais que encaixa con outra peza similar localizada anteriormente.

O presidente da comunidade de montes de Bahíña, Antonio Mijón, afirmou onte que eles descoñecían que houbese vestixios doutra época mesturados entre os cascotes que recibiron para esparcir no carreiro.

Mostrou a súa preocupación por que estes achados poidan ofrecer pistas falsas sobre os primitivos poboadores do monte comunal nun momento no que estudan un proxecto para a revalorización patrimonial da contorna.

Continúa na Voz de Galicia




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?