| Escrito por El Correo Gallego,
o 18-09-2008
|
Visitas : 542 |
A palista viguesa Antía Loira e o Club Piragüismo Val Miñor-Frioya de Nigrán xa teñen reservada unha páxina na historia do piragüismo galego. Desde o pasado luns a nova promesa do eslalon galego está concentrada no Centro Nacional de Tecnificación de Slalom da Seu d´Urgell en Lleida, onde palistas cataláns e vascos serán os seus compañeiros de adestramento.
É a primeira vez que un deportista galego é seleccionado polos técnicos da federación para incorporarse ao plan nacional de tecnificación da modalidade olímpica de eslalon baixo a cobertura do CSD. Antía Loira é cadete de primeiro ano e iniciouse e formouse como deportista no club nigranés. Loira conseguiu decenas de medallas, pero foi esta tempada, no salto á categoría cadete, cando se confirmou como a mellor palista galega de eslalon e a mellor cadete de primeiro ano de España. Continúa no Correo Gallego
|
|
|
|