| Escrito por Redaccion,
o 04-11-2008
|
Visitas : 542 |
 A Concellalía de Educación que dirixe Este Pérez, organiza unha excursión para os cativos á Illa de Tambo para o vindeiro sábado 15 de novembro. A excursión está dirixida a nenos maiores de 8 anos e o prezo por neno é de 7€. A saída será ás 9 da mañá desde a Oficina de Turismo e o regreso aproximado ás 14h.
Os interesados en asistir deben inscribirse na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar ou no 986.368.734. As prazas son limitadas.
|
|
|
|