Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

23 11/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Programa de Actos da Arribada 2004
Programa de Actos da Arribada 2004 PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 22-02-2004

Visitas : 492


A celebración en Baiona de actos conmemorativos da Arribada da carabela Pinta á real vila remóntase a tempos inmemoriables. Numerosas pegadas dannos testemuño da importancia que as xeracións pasadas deron a este feito histórico.

Este  é o  programa  de actos para esta nova edición

 

Venres, 27 de febreiro de 2004

10:00 h Doce disparos dende a fortaleza anuncian o comezo dos actos.
Revista á ambientación, atrezo e traeres medievais.
11:30 h Diana, alborada e pasarúas da Banda Municipal de Música de Baiona.
12:30 h Na praza do Concello recíbense ás Autoridades e convidados ós actos Conmemorativos do 511 aniversario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona.
12:45 h Saída en comitiva das autoridades ata o Paseo Pinzón onde terá lugar a ofrenda a Martín Alonso Pinzón.
13:00 h No Paseo Pinzón, actos de exaltación diante do monumento a Martín Alonso Pinzón.

-Intervención de Autoridades
-Ofrenda de coroas
-Interpretación de Himnos
-Disparo de salvas polos canóns da fortaleza
- Actuación e desfile da Banda de Música de Baiona

20:30 h Capela de Santa Liberata concerto de Habaneras polo â??Coro de Homes Voces Baionesasâ??.
24:00 h Vela. Gardiáns e escoitas nas torres, portas e poxigos velarán o atrezo ata o mencer.
Sábado, 28 de febreiro de 2004
10:00 h O disparo de salvas dende a fortaleza anuncia a apertura do Real Mercado
O Real Pregoeiro percorre as prazas da Vila anunciando o comezo do Real Mercado.
11:00 h Na Praza do Concello e Paseo Ribeira abren os obradoiros de artesáns e mesteirais: ferreiros, zoqueiros, cesteiros, telleiros, palilleiras, afiadores, alfareiros, canteiros, carpinteiros, redeiras, poteiros, etc.
Na Praza Pedro de Castro, comeza o mercadeo e poxa de antigüidades ata a noite.
Polas rúas da Vila o afiador â??Rosindo da Barrosaâ?? recollerá e afiará tódolos coitelos e tesoiras dos tenderetes, amenizando o mercado coas súas faladurías e cotilleos.
No adro de Santa Liberata aberta a â??Exposición de Aves de Presaâ??.
11:30 h Na Praza do Concello os â??mariñeiros de Pinzónâ?? contan as peripecias da tornaviaxe, discutindo e loitando entre eles.
Saen as rúas unha chea de xograres, segreis e soldadeiras tanxendo e citolando.
Saen as rúas unha caterva de bufóns, moinantes, truáns, cegos coas súas zanfonas e mendigos.
No Paseo Ribeira o Mago â??Rei Midasâ?? mostraranos os seus feitizos de maxia e bruxería.
O grupo â?? Faiocoâ?? percorrerá as Prazas principais cos seus contos e historias.
12:00 h Pregón de apertura do Real Mercado Medieval e acto seguido desfile, pasarúas e troullada polos terratenientes, mercaderes, artesáns, xograres, etc., chegados de tódolos cantos do Reino, saíndo da Praza do Concello e percorrendo as principias rúas do casco antigo da Vila.
12:30 h No adro de Santa Liberata, exhibición e demostración das â??Aves de Presaâ??.
12:45 h No adro de Santa Liberata, â??Crispin de Olotâ?? cantará a súas trovas e romances.
13:00 h Na Capela da Misericordia actuación do grupo medieval â??Iludíaâ?? con cantigas de â??Martín Codaxâ?? e â??Santa Maríaâ?? de Alfonso X el Sabio.
Na Praia Ribeira â??Xusta de Cabaleirosâ?? pola disputa dunha doncela, onde participarán seis cabaleiros chegados de tódolos cantos do Reino pertencentes o Club Hípico â??A Murallaâ??.
16:00 h Na Praza do Concello e Paseo Ribeira abren de novo os obradoiros de mesteirais e artesáns vidos de todo o Reino.
Saen novamente os xograres e segreis a citolar e violar as súas citolas e violas polas rúas, seguidos de bufóns, eivados, tullidos, truáns...
No adro de Santa Liberata, abre de novo a â??Exposición de Aves de Presaâ??.
Animando as rúas da Vila o grupo Medieval â??Faiocoâ??, bailan o son da súa música medieval.
16:30 h Saen ás rúas os xograres, zancudos e os malabares da â??Festa Escénicaâ??
No adro de Santa Liberata, â??Crispin de Olotâ?? con seus contos, trovas e romances.
â??Os mariñeiros de Pinzónâ?? pasean pola vila contando as suas peripecias, discutindo e loitando na rúa.
Na Praza Pedro de Castro, estatuas viventes de personaxes medievais.
O grupo â?? Faiocoâ?? percorrerá as Prazas principais cos seus contos e historias.
No adro de Santa Liberata, â??Crispin de Olotâ?? cos seus contos, trovas e romances.
17:00 h Volta o Mago â??Rei Midasâ?? cos seus feitizos de maxia e bruxería no paseo da Praia Ribeira.
Polas rúas da Vila o afiador â??Rosindo da Barrosaâ??, recollerá e afiará tódolos coitelos e tesoiras dos tenderetes, amenizando o mercado coas súas faladurías e cotilleos.
No Capela da Misericordia, actuación do grupo medieval â??Iludíaâ?? con cantigas de â??Martín Codaxâ?? e â??Santa Maríaâ?? de Alfonso X el Sabio.
No adro de Santa Liberata, â??Exhibicións das Aves de Presaâ??.
17:30 h No adro de Santa Liberata, actuarán os Títeres de â??Tanxarínaâ?? co espectáculo medieval â??Titiricircusâ??.
18:00 h No palco da Praza do Concello, representación teatral â??A poxaâ?? polo grupo de teatro Escoitade do C.V.C de Valladares.
19:00 h Santuario de Santa Liberata, Concerto de Arpa Celta de â??Jose Maquieiraâ??.
Na Praza Pedro de Castro, estatuas viventes de personaxes medievais.

20:30 h Na praia Ribeira, representación teatral â??Arribada e Desembarco da Carabela Pinta coa nova do Descubrimentoâ??, do escritor Avelino Sierra Fernández e dirixido por Alicia Borrás.
24:00 h O Real Pregoeiro percorre as prazas da Vila anunciando o remate do Real Mercado.
  Domingo, 29 de febreiro de 2004
10:00 h O Real Pregoeiro anuncia o recomezo do Real Mercado.
11:00 h Comezan a traballar na Praza do Concello e Paseo Riberia os obradoiros artesanais: tecedeiras, alfareiros, telleiros, zanfoñeiros, afiadores, canteiros, carpinteiros, redeiras, etc.
Na Praza Pedro de Castro, novo mercadeo e poxa de antigüidades ata a noite.
No adro de Santa Liberata, aberta a â??Exposición de Aves de Presaâ??.
Animando as rúas da Vila â??Crispin de Olotâ?? con seus contos, trovas e romances.
No Paseo Ribeira comenzará o adestramento de cabaleiros na baqueta real.
11:30 h Na Praza do Concello â??Os mariñeiros de Pinzónâ?? cóntannos as súas peripecias, discutindo e loitando na rúa.
Saen ás rúas os xograres, malabares e os zancudos da â??Festa Escénicaâ??
Polas rúas da Vila o afiador recollerá e afiará todo-los coitelos e tesoiras dos tenderetes, amenizando o mercado coas súas faladurías e cotilleos.
O grupo â?? Faiocoâ?? percorrerá as Prazas principais da Vila cos seus contos e historias.
12:00 h Na capela da Misericordia, actuación do grupo medieval â??Iludíaâ?? con cantigas de â??Martín Codaxâ?? e â??Santa Maríaâ?? de Alfonso X el Sabio.
No adro de Santa Liberata, actuarán os Títeres de â??Tanxarínaâ?? co espectáculo medieval â??Titiricircusâ??.
12:30 h Na Praza do Concello â??os mariñeiros de Pinzónâ?? contan as peripecias da tornaviaxe, discutindo e loitando entre eles.
No Adro de Santa Liberata, â??Crispin de Olotâ?? cantará a súas trovas e romances.
13:00 h No adro de Santa Liberata, exhibición das â??Aves de Presaâ??.
Na Praia Ribeira, â??Xusta de Cabaleirosâ?? pola disputa dunha doncela onde participarán seis cabaleiros chegados de todolos rincóns do Reino pertencentes o Club Hípico â??A Murallaâ??.
 
16:00 h Na Praza do Concello e Paseo Ribeira abren novamente os obradoiros de artesáns e mesteirais achegados de todo o Reino.
Tornan as prazas as gaitas medievais â??Trasnosâ??.
Voltan a rúa a â??Festa Escénicaâ?? de malabares, comediantes, xograres e moinantes.
No adro de Santa Liberata abre de novo a â??Exposición de Aves de Presaâ??.
16:30 h Na Praza Pedro de Castro, estatuas viventes de personaxes medievais.
Polas rúas da Vila o afiador â??Rosindo da Barrosaâ?? recollerá e afiará tódolos coitelos e tesoiras dos tenderetes, amenizando o mercado coas súas faladurías e cotilleos.
â??Os mariñeiros de Pinzónâ?? pasean pola vila contando as súas peripecias, discutindo e loitando na rúa.
Volta o Mago â??Rei Midasâ?? cos seus feitizos de maxia e bruxería no paseo da Praia Ribeira.
Capela da Misericordia actuación do grupo medieval â??Iludíaâ?? con cantigas de â??Martín Codaxâ?? e â??Santa Maríaâ?? de Alfonso X el Sabio.
No Adro de Santa Liberata exhibición e demostración das â??Aves de Presaâ??.
Voltan a rúa o grupo â?? Faiocoâ?? percorrendo e animando as Prazas principais da Vila cos seus contos e historias.
17:00 h No Adro de Santa Liberata volta â??Crispin de Olotâ?? con seus contos, trovas e romances.
17:15 h Na praia Ribeira, representación teatral â??Arribada e Desembarco da Carabela Pinta coa nova do Descubrimentoâ??, do escritor Avelino Sierra Fernández.
18:30 h Na Praza de Santa Liberata, representación teatral â??Comentos da Arribadaâ?? do escritor Avelino Sierra Fernández e dirixido por Alicia Borrás.
19:30 h Na Praza do Concello representación da â??A poxaâ?? polo grupo de teatro Escoitade do C.V.C de Valladares.
24:00 h O Real Pregoeiro percorre as prazas da Vila anunciando o remate do Real Mercado.
  Luns, 1 de marzo de 2004
10:00 h O Real Pregoeiro anuncia o recomezo do Real Mercado.
11:00 h Comenzan a traballar os obradoiros artesanais: tecedeiras, cerralleiros, alfareiros, telleiros, zanfoñeiros, afiadores, canteiros, carpinteiros, redeiras, poteiros, etc.
No paseo Ribeira novo mercadeo e poxa de antigüidades ata a noite e comenzarán o adestramento de cabaleiros na baqueta real.
Voltan a rúa o grupo â?? Faiocoâ?? percorrendo e animando as Prazas principais cos seus contos e historias.
â??O Festival Escénicoâ??, ateigan as rúas de malabares, comediantes, xograres e moinantes.
Na Praza Pedro de Castro, estatuas viventes de personaxes medievais.
11:00 h Na Glorieta de Colón inauguración oficial do novo Cruceiro con motivo do 511 Aniversario da Arribada.
12:00 h Na Casa do Concello presentación e exhibición permanente o público da â??Carta Privilexio do Rei Felipe IIâ?? a Vila de Monte Real de Baiona do ano 1593.
 
16:00 h Abren novamente os obradoiros de artesáns e mesteirais achegados de todo o Reino.
Tornan as prazas as gaitas medievais â??Trasnosâ??
â??O Festival Escénicoâ??, ateigan as rúas de malabares, comediantes, xograres e moinantes.
16:30 h Voltan a rúa o grupo â?? Faicoâ?? percorrendo e animando as Prazas principais cos seus contos e historias.
Na Praza Pedro de Castro, estatuas viventes de personaxes medievais.
19:00 h Na Praza do Concello, entrega de Premios e Pergaminos do Real Mercado Medieval 2004.
20:00 h Na Capela de Santa Liberata recital poético e musical coa actuación de Tino Baz coa súa zanfona.
22:00 h Remata a Festa da Arribada e o Real Pregoeiro percorre as prazas da Vila anunciando o remate do Real Mercado Medieval.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa