Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow VICHELOCREGO TEATRO CONVOCA O 1º CERTAME DE TEATRO INMEDIATO
VICHELOCREGO TEATRO CONVOCA O 1º CERTAME DE TEATRO INMEDIATO PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 
o 19-03-2004

Visitas : 539


Con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro, o grupo Vichelocrego
Teatro, do IES Auga da Laxe, está a preparar unha serie de actividades que
culminarán o próximo 26 de marzo coa actuación de Santi Prego e Mª Xosé
López Villar, que poñerán en escena a montaxe "Gracias, meu señor Santiago",
e coa celebración do I Concurso de Teatro Inmediato, que acaba de ser
convocado. Este concurso vai dirixido a parellas de actores e actrices afeccionados,
maiores de 18  anos, que terán que facer a representación dun texto breve
facilitado pola organización con 24 horas de antelación. As actuacións terán
lugar o propio 26 de marzo, a partir das 20,30h, e o xurado, formado por
cinco persoas vencelladas ao mundo do teatro, concederá un único premio de
300 euros.

Ademais, ese mesmo día 26 de marzo, concederanse os premios do II Certame
artístico do Día Mundial do Teatro, dirixido a rapaces e rapazas entre 12 e
18 anos. Este certame, convocado por primeira vez o pasado curso, pretende
dinamizar a reflexión sobre o feito teatral nos centros de ensino e
contribuír así a un maior achegamento ás actividades teatrais. O prazo de
presentación de carteis remata tamén o próximo 22 de marzo e o xurado
concederá un 1º premio dotado con 150 euros e dous accésits de 30 euros cada
un.


VICHELOCREGO TEATRO
IES AUGA DA LAXE
Campo da Feira s/n. - Gondomar
Tel. 986 36 05 01



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?