Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 12/08
Portada arrow Opinión arrow O curuto do corvo arrow Concerto de Paco Ibáñez da Coordinadora Pro Monumento ás Víctimas do Franqui
Concerto de Paco Ibáñez da Coordinadora Pro Monumento ás Víctimas do Franqui PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 19-04-2004

Visitas : 647


A coordinadora pro Monumento ás Víctimas do Franquismo organiza un concerto de Paco Ibáñez no auditorio municipal de Villagarcía.


O cantautor Paco Ibáñez actuará o xoves, día 29 deste mes, á partires das nove da noite, no auditorio municipal de Villagarcía, nun acto organizado pola Coordinadora pro Monumento a las Víctimas del Franquismo. As entradas para este concerto xa poden adquirirse, ó prezo de 12 euros, a través da páxina web de Caixanova, www.servinova.com, ou ben por teléfono, chamando ó 902 504 500.
Paco Ibáñez é un dos músicos máis representativos da transición española e símbolo do compromiso dos artistas coa liberdade. Ibáñez, quen chegou a estar censurado polo franquismo â??non se permitía que actuase en ningún lugar do territorio español- é un artista recoñecido non só en España, senón tamén en Francia â??onde viviu durante máis de vinte anos- e en Latinoamerica, continente que percorreu con grande éxito.

Ibáñez é coñecido sobre todo por terlle posto voz é música á poesía de moitos escritores españois, dende García Lorca, Alberti e Miguel Hernández ata Góngora ou Quevedo. O último traballo discográfico de Ibáñez, publicado en 2002, é un disco sobre poesías de Juan Luis Goytisolo. Ademais, atópanse no mercado reedicións de case tódolos seus traballos discográficos, estando entre os máis coñecidos a súa actuación na parisina sala Olympia, o disco â??A galoparâ?? ou â??Paco Ibañez canta a Brassensâ??.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.