O portavoz do PP rexeita a proposta porque considera que hai outras prioridades. Luis Carlos de la Peña afirma que a medida servirá para «dignificar» o seu traballo polÃtico.
O alcalde de Baiona, Luis Carlos de la Peña ten previsto outorgar dedicacións parciais aos concellais da oposición unha vez que asine o pacto de gobernabilidade con Coalición Miñorana.
O rexedor socialista pretende asi «dignificar» o traballo polÃtico dos concellais que forman os grupos do PP e de Vecinos Independientes. Estes edis cobrarán en princÃpio as mesmas cantidades que foron asignadas aos concellais con responsabilidades de goberno no pleno de constituizón en xullo do ano pasado.