Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Axenda arrow Nigrán acollerá o dia 17 de maio dous Campeonatos de Galicia
Nigrán acollerá o dia 17 de maio dous Campeonatos de Galicia PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 10-05-2004

Visitas : 537


O Salón de Plenos do Concello de Nigrán acolleu a apresentación oficial do â??Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individualâ?? para elite-sub 23 e do Campionato de Galicia de fondo para master-veteranos e ciclodeportistas, que terán lugar o próximo dia 17 deste mes na citada localidade.

O acto de apresentación estivo presidido polo Alcalde da localidade, Alfredo Rodríguez, quen estivo acompañado polo Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Martínez, o Concelleiro de Desportes de Nigrán, José Rial, e o Técnico da FGC, Guillermo Sande.

A primeira cita da xornada será o Campionato de CRI para elite-sub 23, onde desde as 10 h. en que o primeiro corredor tomará a saída nas inmediacións do Pavillón Polideportivo de Nigrán, para afrontar un percorrido de 20 quilómetros que conta con unha primeira parte en clara liña ascendinte ainda que sen unha grande dureza, sendo a segunda descinte.

Será unha proba na que os grandes rodadores terán mais opcións de se facer coa vitória.

A partir das 15:00 horas tocará-lle a quenda aos candidatos a optar polos títulos galegos no Campionato de Galicia de Fondo para master, veteranos (40-50-60) e ciclodeportistas. Proba-a, que se desenvolverá sobre un circuito de 7 quilómetros, terá o seu ponto de saída e chegada tamén xunto ao Pavillón Polideportivo, tendo que dar catro voltadas ao circuito os Veteranos 60, seis os Veteranos 50, oito os Veteranos 40 e dez os Master 30 e os Ciclodeportistas.

Respecto ao percorrido, é moi similar ao da proba da mañá, on a suba da Rúa Mairñeiro como única dificuldade. O traballo de equipa predominará sobre as individualidades, coa probabilidade de presenciar a loita polo título ao sprint en case todas as categorias.

Actuais Campeóns.
O pasado ano lograron os títulos galegos Gustavo Rodríguez (Caixanova-elite), Joaquín Ribeiro (Auga de Mondariz/Expert-sub 23), Gonzalo Rabuñal (Frisonobel-sub 21), Sergio Moldes (Caixanova-Ciclodeportistas), Manuel Míguez (Caixanova-Master 30), Manuel Reinaldo (Caixanova-Veteranos 40), Eladio Costas (Caixanova-Veteranos 50) e Xesus Bayo (Xermolos-Veteranos 60)




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa