| Campionato de España de Trial en Nigrán |
|
|
|
| Xoves, 13 de Maio do 2004 | |
|
Espérase a presencia de 60 pilotos nas diferentes categorÃas que se disputan -Sénior A, Sénior B, Sénior C, e Júnior-, non obstante, unha das que atraerá a atención dos numerosos afeccionados galegos será a Sénior B, na que se concentra a participación dos mellores especialistas de Galicia como José Manuel Suárez, piloto Boirense que é o campión do tÃtulo desta categorÃa e que tratará de defender este liderado. Estará presente tamén o equipo de Jordi Tarrés, co seu piloto Adam Raga â??que nestes momentos mantén o primeiro posto no campionato do mundo-, o equipo Montesa Onda â??con sete tÃtulos do mundo-, o equipo Beta de Italia e outros. Pero se alguén creará expectación será Laia Sanz, pilota oficial montesa, a primeira e única muller campiona do mundo e de Europa desta especialidade e que compite cos participantes masculinos, conseguindo as mellores marcas en algunhas competicións. Adam Raga chega lÃder en open con 5 pontos sobre Doug Lampkin, mentres que Albert Cabestany e Marc Freixa están a outros 5 do británico no terceiro lugar. Raga tamén manda en sénior A ante Cabestany e Freixa, sendo Jeroni Fajardo cuarto -a 11 pontos de Freixa- e Jordi Pascuet quinto, a 1 ponto de éste e con 5 sobre Toni Bou, que ocupa a sexta praza da xeral tras as tres carreiras precedintes de Jaén, Albacete e Seviña. Xavier León lideira sénior B ante o ex campeón Héctor Escorihuela e o vixente campeón José Manuel Suárez, á igual que a gañador das últimas catro temporadas en sénior C, Francesc Recio, colideira a táboa xunto a Sergio Puyopeiro, empatados a 37 pontos. En junior 125 c.c. o lÃder é Gerard Fitas -segundo nos dous probas celebradas- con 1 ponto de vantaxe sobre Arnau López -gañador en Seviña o 25 de abril- e 4 pontos sobre Xesus MartÃn, terceiro clasificado. Junior 250 é a táboa das igualadas. Edgar Bairros e Christian RodrÃguez están igualados na primeira posición, como Xavier Pijuan e Enric Torderá empatan polo terceiro lugar, a 11 pontos da cabeza. Tras eles, empatan Oriol RodrÃguez e Guillem Acostumar en loita pola quinta praza, estando a 3 pontos dos anteriores. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|