Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

13 10/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Campionato de España de Trial en Nigrán
Campionato de España de Trial en Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 13-05-2004

Visitas : 862


IV proba do Campionato de España de Trial, que se desenvolverá o día 16 en Nigrán, onde se poderán ver as caras dos mellores especialistas nacionais. O programa dará inicio o día 14 ás 3 da tarde coa apertura do paddock, continuará o día 15, no que se farán adestramentos no monte Castelo, de 10 a 14 horas; a inspección das zonas polos pilotos, de 14 a 17 horas; e as verificacións administrativas na Casa de Cultura de Camos, de 17 a 20 horas. A competición iniciarase o día 16 ás 9 da mañá coa saída do primeiro participante e dará remate ás 16,15 horas coa entrega de premios.

Espérase a presencia de 60 pilotos nas diferentes categorías que se disputan -Sénior A, Sénior B, Sénior C, e Júnior-, non obstante, unha das que atraerá a atención dos numerosos afeccionados galegos será a Sénior B, na que se concentra a participación dos mellores especialistas de Galicia como José Manuel Suárez, piloto Boirense que é o campión do título desta categoría e que tratará de defender este liderado. Estará presente tamén o equipo de Jordi Tarrés, co seu piloto Adam Raga â??que nestes momentos mantén o primeiro posto no campionato do mundo-, o equipo Montesa Onda â??con sete títulos do mundo-, o equipo Beta de Italia e outros. Pero se alguén creará expectación será Laia Sanz, pilota oficial montesa, a primeira e única muller campiona do mundo e de Europa desta especialidade e que compite cos participantes masculinos, conseguindo as mellores marcas en algunhas competicións.

O Concello de Nigrán pretende con este evento ter opcións a organizar unha das probas do Campionato do Mundo de Trial que se celebrará o próximo ano en España. Ademais, o concelleiro de Deportes deste municipio, José Rial, manifestou a importancia do evento como instrumento para dar a coñecer Nigrán no ámbito turístico nacional. Ademais da Deputación e do Concello, participan na organización do campionato a Peña Motorista Viguesa, e o Moto Club Val Miñor.

Adam Raga chega líder en open con 5 pontos sobre Doug Lampkin, mentres que Albert Cabestany e Marc Freixa están a outros 5 do británico no terceiro lugar.

Raga tamén manda en sénior A ante Cabestany e Freixa, sendo Jeroni Fajardo cuarto -a 11 pontos de Freixa- e Jordi Pascuet quinto, a 1 ponto de éste e con 5 sobre Toni Bou, que ocupa a sexta praza da xeral tras as tres carreiras precedintes de Jaén, Albacete e Seviña.

Xavier León lideira sénior B ante o ex campeón Héctor Escorihuela e o vixente campeón José Manuel Suárez, á igual que a gañador das últimas catro temporadas en sénior C, Francesc Recio, colideira a táboa xunto a Sergio Puyopeiro, empatados a 37 pontos.

En junior 125 c.c. o líder é Gerard Fitas -segundo nos dous probas celebradas- con 1 ponto de vantaxe sobre Arnau López -gañador en Seviña o 25 de abril- e 4 pontos sobre Xesus Martín, terceiro clasificado.

Junior 250 é a táboa das igualadas. Edgar Bairros e Christian Rodríguez están igualados na primeira posición, como Xavier Pijuan e Enric Torderá empatan polo terceiro lugar, a 11 pontos da cabeza. Tras eles, empatan Oriol Rodríguez e Guillem Acostumar en loita pola quinta praza, estando a 3 pontos dos anteriores.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa