
IV proba do Campionato de España de Trial, que se desenvolverá o dÃa 16 en Nigrán, onde se poderán ver as caras dos mellores especialistas nacionais. O programa dará inicio o dÃa 14 ás 3 da tarde coa apertura do paddock, continuará o dÃa 15, no que se farán adestramentos no monte Castelo, de 10 a 14 horas; a inspección das zonas polos pilotos, de 14 a 17 horas; e as verificacións administrativas na Casa de Cultura de Camos, de 17 a 20 horas. A competición iniciarase o dÃa 16 ás 9 da mañá coa saÃda do primeiro participante e dará remate ás 16,15 horas coa entrega de premios.
Espérase a presencia de 60 pilotos nas diferentes categorÃas que se disputan -Sénior A, Sénior B, Sénior C, e Júnior-, non obstante, unha das que atraerá a atención dos numerosos afeccionados galegos será a Sénior B, na que se concentra a participación dos mellores especialistas de Galicia como José Manuel Suárez, piloto Boirense que é o campión do tÃtulo desta categorÃa e que tratará de defender este liderado. Estará presente tamén o equipo de Jordi Tarrés, co seu piloto Adam Raga â??que nestes momentos mantén o primeiro posto no campionato do mundo-, o equipo Montesa Onda â??con sete tÃtulos do mundo-, o equipo Beta de Italia e outros. Pero se alguén creará expectación será Laia Sanz, pilota oficial montesa, a primeira e única muller campiona do mundo e de Europa desta especialidade e que compite cos participantes masculinos, conseguindo as mellores marcas en algunhas competicións.
O Concello de Nigrán pretende con este evento ter opcións a organizar unha das probas do Campionato do Mundo de Trial que se celebrará o próximo ano en España. Ademais, o concelleiro de Deportes deste municipio, José Rial, manifestou a importancia do evento como instrumento para dar a coñecer Nigrán no ámbito turÃstico nacional. Ademais da Deputación e do Concello, participan na organización do campionato a Peña Motorista Viguesa, e o Moto Club Val Miñor.
Adam Raga chega lÃder en open con 5 pontos sobre Doug Lampkin, mentres que Albert Cabestany e Marc Freixa están a outros 5 do británico no terceiro lugar.
Raga tamén manda en sénior A ante Cabestany e Freixa, sendo Jeroni Fajardo cuarto -a 11 pontos de Freixa- e Jordi Pascuet quinto, a 1 ponto de éste e con 5 sobre Toni Bou, que ocupa a sexta praza da xeral tras as tres carreiras precedintes de Jaén, Albacete e Seviña.
Xavier León lideira sénior B ante o ex campeón Héctor Escorihuela e o vixente campeón José Manuel Suárez, á igual que a gañador das últimas catro temporadas en sénior C, Francesc Recio, colideira a táboa xunto a Sergio Puyopeiro, empatados a 37 pontos.
En junior 125 c.c. o lÃder é Gerard Fitas -segundo nos dous probas celebradas- con 1 ponto de vantaxe sobre Arnau López -gañador en Seviña o 25 de abril- e 4 pontos sobre Xesus MartÃn, terceiro clasificado.
Junior 250 é a táboa das igualadas. Edgar Bairros e Christian RodrÃguez están igualados na primeira posición, como Xavier Pijuan e Enric Torderá empatan polo terceiro lugar, a 11 pontos da cabeza. Tras eles, empatan Oriol RodrÃguez e Guillem Acostumar en loita pola quinta praza, estando a 3 pontos dos anteriores.