Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada arrow Axenda arrow I Premio Roberto Vidal Bolaño
I Premio Roberto Vidal Bolaño PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 22-05-2004

Visitas : 493


Tarxeta entrega do premio Roberto Vidal BolañoO 5 de xuño de 2004 terá lugar en LUGO a Entrega do . Podedes ver en: http://www.redesescarlata.org/

O acto consistirá nun xantar (ás 14,30 h.) no restaurante Aniceto, Avda. de
Santiago nº 177 (cruce coa estrada de Portomarín), Lugo

Podedes ver e descargar a fermosa tarxeta de invitación en
www.redesescarlata.org/descargas/tarxetarvb.jpg

Para confirmar asistencia ao xantar (menú 18 euros) usa o seguinte enderezo
de correo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

ou os teléfonos: 986780867, 676898369, 689836086

Data límite o 3 de xuño.


Reunidos na Rúa Nova de Compostela X. Antón L. Dobao, X. M. García Crego, Rosa López Fernández, Manuel Lourenzo e X. L. Méndez Ferrín o día 18 de Marzo de 2004, data na que se conmemora a constitución da Comuna de París en 1871, procederon do seguinte modo.

Examinaron as bases argumentativas establecidas polas Redes Escarlata a fin de crear o PREMIO ROBERTO VIDAL BOLA�O que, a partir do presente ano e en todo o tempo futuro, vai galardoar unha persoa, grupo ou movemento que destaque polo seu compromiso coa emancipación das clases populares na súa diversidade de expresións de loita e resistencia e coa construción da República Galega, coa nosa cultura e coa nosa lingua.

Procederon decontado e en consecuencia a se constituír en xuri para conceder o PREMIO VIDAL BOLA�O do ano 2004. Así, asumíronse como vocais X. Antón L. Dobao, Rosa López, Manuel Lourenzo e X. M. García crego, e como secretario de acta X. L. Méndez Ferrín, que agora labra esta.

Logo de analizaren diversas propostas e de someter cada unha delas a debate, acharon que o noso mundo e Galicia están a vivir un duro tempo de represión dos dereitos e conquistas dos traballadores e resto do pobo. O dereito á libre expresión e o dereito a convocar e levar adiante folgas económicas e políticas precedidas de propaganda en forma de piquetes constitúen logros históricos que os poderes da burguesía, directa e activamente asistidos polas forzas de policía e polos xuíces, delambos en función represiva, tratan de facer desaparecer.

Considera o xuri que a brutal represión xudicial, precedida de actuación policíaca, exercida en Lugo contra Xosé Guillerme Rei Rouco, Xosé L. Trigo Cruzado e Xosé Méndez Torres por teren formado parte dun piquete obreiro en ocasión da Folga Xeral de xuño de 2002, é unha amargue amósega da situación terrorística na que nos atopamos na actualidade. E considera terrorística a situación o xuri porque:

- Xosé Guillerme Rei Rouco foi condenado a tres anos e tres meses de cadea por un "delito contra a liberdade dos traballadores", mais dous anos por un "delito de atentado á autoridade", mais sete meses "por lesións".

- Xosé L. Trigo Cruzado foi dondenado a tres anos e seis meses por un "delito contra a liberdade dos traballadores", mais un ano de cadea por un "delito de atentado á autoridade".

- Xosé Méndez Torres foi condenado a tres anos e seis meses de cadea por un "delito contra a liberdade dos traballadores" e mais a catro fins de semana de arresto domiciliario por un "delito de agresión".

Vistas as cousas, os concorrentes decidiron por unanimidade conceder o I PREMIO ROBERTO VIDAL BOLA�O A Xosé Guillerme Rei Rouco, Xosé L. Trigo Cruzado e Xosé Méndez Torres, os cales hoxe representan a dignidade do proletariado en Galicia.

Do cal, como Secretario dou Fe,

X. L. Méndez Ferrín




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa