
A igrexa do Monasterio será esceario na próxima semana da gravación de varias esceas do filme de Gerardo Ferreiro inspirada na vida de Carmen Avendaño.
Carmen Avendaño comezou a sua loita contra o narcotráfico nunha igrexa de Cambados. Alá celebrou as suas primeiras xuntanzas con outros viciños que, como ela, sofrian nos seus entornos familiares a lacra da droga. A sua vida é un exemplo de compromiso social. Asi o entendeu o director de cine Gerardo Ferreiro, que a próxima semana comezará a rodaxe de HeroÃna , un filme baseado nas experiencias da fundadora de Ã?rguete.
A protagonista será Pilar, encarnada por Adriana Ozores, e en lugar do templo de Cambados, utilizarase a igrexa do Monasterio de Oia.
A maior parte dos extras serán viciños do próprio Concello, de A Guarda e da bisbarra do Val Miñor. O pasado fin de semana celebraron un cásting no centro cultural de Santa MarÃa Oia, pero continuan necesitando mais figurantes, polo que hoxe Continental Produccións celebrará outra proba na Faculdade de Belas Artes de Pontevedra, desde as 18 ás 21 horas. Tamén necesitan persoas de Tui, Vigo, Pontevedra e Vilanova de Cerveira, onde tamén transcorrerán algunhas pasaxes do filme.
Ler nova completa da Voz de Galicia
Ler entrevista completa a Carmen Avedaño en vieiros.com