A Orquestra Son De Seu dará un concerto Teatro Caixanova o 25 de xuño. Dase o caso de que algún dos músicos ten tocado en Gondomar, nas festas gaiteiras que se celebran no Catro Camiños o último domingo de cada mes. En concreto un dos gaiteiros Jose Sanromán, un nigranés que comezou os seus estudos de gaita no extinto Grupo de Baile Rexional de Nigrán onde impartÃa clases o pioneiro mestre da gaita galega "Moxenas".
O grupo esta formado por profesores e alunmos do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo Os 35 membros que forman parte da orquestra actualizaron e arranxaron os temas recollidos aportándolles un timbre moi peculiar.
Zanfonas, arpas, violÃnsâ?¦ fabricados no propio conservatorio, outorgan aos temas son novos que inclúen as propias iniciativas e arranxos realizadas polos alumnos, como resultado da súa aprendizaxe musical diaria. O seu primeiro CD, "Mar de Vigo", foi editado por Boa na "Colección do fol".
Budiño e UxÃa acompáñanos no escenario como artistas convidados.
As entradas están á venda na web de Caixanova.
SonDeSeu nace dunha experiencia musical e didáctica realizada no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes de Vigo a partir do curso 2001-2002. Alumnos e profesores forman a primeira orquestra folc de Galicia. Un total de 35 músicos recrean repertorio tradicional e de nova composición dende un espÃrito aberto, un timbre fundamentalmente acústico, instrumentos construÃdos na súa maiorÃa no propio paÃs por artesáns mesmo pertencentes á propia orquestra e arranxos contemporáneos na liña do xa clásico folc galego producidos en exclusiva para a formación polos profesores das aulas do conservatorio, todos eles con longa traxectoria no estilo.
A coidada presencia escénica constitúe de por si un espectáculo orixinal e vistoso. O son, potente e cheo de enerxÃa, transmite ó publico mensaxes de ledicia e harmonÃa, como xa o puxeron a proba nos concertos que veñen dando en Galicia dende o pasado ano. SonDeSeu foi a revelación do Festival de Ortigueira na súa 25 edición. Agora presentan o súa primeira creación discográfica.