Como o pasado verán o Instituto de Estudos Miñoranos organiza unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artÃstico, natural e paisaxÃstico do Val Miñor.
Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes dirixidos por especialistas no tema da visita.
O programa está pechado, á falta dalgún detalle por concretar e no seu momento indicarase con precisión todos os datos para acudir a estas visitas-guiadas
A Fraga de Oliveira, primeira das xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos
O próximo xoves 1º de xullo será a primeira das visitas-guiadas ou xeiras organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos. A visita será á Fraga de Oliveira unha das paraxes naturais mellor conservados e de máis interese das moitas coas que conta o Val Miñor.
O percorrido, dacabalo dos concellos de Gondomar e Baiona, farase polas beiras do rÃo da Groba, entre os lugares de A Granxa e Belesar en Baiona, e Aburlido e Oliveira en Gondomar. Deste último recibe o nome. Só cando estamos dentro da fraga somos capaces de percibir a beleza e variedade de especies vexetais e animais que contén. Podemos pasar pola beira e non decatarnos dos tesouros que agocha, entre o lusco-fusco do solpor ou no orballo dunha alborada. O tempo ten outro ritmo neste lugar.
A visita comezará ás 18 horas (seis da tarde) e o punto de encontro será no Mercado de SabarÃs. Dende alà dirixirémonos ata o lugar de inicio da visita. A duración da marcha será de entre tres e catro horas, a ritmo cómodo, aÃnda asà recoméndase roupa e calzado axeitado: pantalón longo, botas ou calzado para camiñar e camisa ou camiseta de manga longa e levar auga para beber.
A visita estará guiada polo profesor e membro do Instituto de Estudos Miñoranos, Xilberte Manso.