| o 03-07-2004
|
Visitas : 609 |

As tres linguas históricas de España xa teñen versión do sistema operativo de Microsoft Windows XP. A descarga do ficheiro que traduce o XP ao galego é gratuÃto e pódese descargar dende a propia web de Microsoft.
Agora poderá contar co Windows XP en galego, sen custos adicionais. Abonda con instalar unha aplicación denominada "Paquete de interface en galego" (Galician Interface Pack), ou o que vén sendo o mesmo: unha aplicación que se instala sobre WINDOWS XP Professional ou Home Edition e cambia a súa interface de usuario para que dispoña do Windows XP en galego.
¿Cómo conseguilo?
Consideracións técnicas:
- O Language Interface Pack debe instalarse só sobre o Windows XP Professional ou Home Edition na súa versión en castelán. NON se instalará sobre o Windows XP Professional ou Home Edition noutro idioma diferente do castelán.
- Unha vez instalado, pode desinstalarse desde o Panel de control, Engadir ou eliminar programas, obtendo de novo o Windows XP en castelán.
- Non todos os elementos da interface de usuario están localizados. Algúns compoñentes permanecerán no idioma base do sistema operativo despois da instalación do Galician Interface Pack. O Galician Interface Pack non se aplica a algúns compoñentes do sistema operativo, como os seguintes exemplos:
- MSN Explorer
- Os xogos en Internet
- NetMeeting
- Porcións do asistente de conexión a Internet
- HyperTerminal
- Compoñentes de usuario e opcións de configuración avanzados (MMC, ferramentas administrativas, o Xestor de dispositivos).
- Activación de Windows
- Para instalalo, simplemente execute o ficheiro LIPSetup.msi unha vez descargado no PC ou insira o CD que obtivo do seu distribuidor habitual na unidade de CD do seu PC.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|