Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Xeiras do IEM - Visita á Serra do Galiñeiro
Xeiras do IEM - Visita á Serra do Galiñeiro PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 12-07-2004

Visitas : 750


Continuando coas súas tradicionais XEIRAS do verán, ou saídas, o Instituto de Estudos Miñoranos organiza, en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar, un percorrido pola SERRA do GALI�EIRO para o XOVES día 15 de Xullo. A visita será guiada polo profesor e membro do Instituto de Estudos Miñoranos, Antonio Lago quen ademais de guiarnos pola serra ilustrará a visita con informacións diversas sobre flora, xeomorfoloxía etc.

 O punto de encontro será a Casa do Concello de Gondomar ás 17 horas (cinco da tarde).

Dadas as especiais características desta saída recomendase ter en conta os seguintes aspectos:

  • Equiparse en condicións:

-Calzado consistente con interior suave que suxeite ben o pé.

            -Mochilas e roupas lixeiras, gorra, prismáticos, cámara de fotos,â?¦

-As persoas que non poidan imitar aos camelos teñen que levar auga (poden collela nas fontes da entrada).

 

  • Os camiñante debe ter:

-Certo hábito de camiñar non só cos pes, utilizar os brazos, de costas e flexións do corpo en tódalas direccións (tampouco é para tanto!!!).

 

Así mesmo aquelas persoas que por un ou outro motivo non queiran ou poidan estar no punto de encontro ás cinco da tarde (Casa do Concello de Gondomar) ou se perdan, poden, dende Morgadáns, coller a estrada a Porriño-Chenlo ata ver o indicador â??Prado- Monte Aloiaâ?? sen coller esta dirección e a uns 300m hai unha pista de terra á esquerda, entran e encontran un merendeiro, están no camiño (uns 10km de Gondomar). A pista é bastante mala. Uns 3,3km máis adiante topamos un cruce con catro posibles eleccións, collemos o de en fronte da esquerda e sen desviarnos chegamos a unha área de lecer e, se temos sorte, estarán dispoñendo, os que chegaron antes, a saída.

www.minhor.org




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?