Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow Presentación do libro de fotografías - Baiona nas ondas do tempo
Presentación do libro de fotografías - Baiona nas ondas do tempo PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 26-07-2004

Visitas : 469


Ver máis fotos antigas de BaionaDende o inicio das súas actividades o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)  tivo unha permanente preocupación pola imaxe fotográfica. Baste con lembrar que a primeira actividade pública do IEM foi a exposición O Val Miñor nos albores do século XX, que por certo acaba, cinco anos despois da súa inauguración, acaba de estar colgada nas paredes do colexio baionés de Covaterreña. Nela recóllense máis de sesenta fotografías do Val, a inmensa maioría no primeiro tercio do século XX.

O acto de presentación do novo libro do Instituto de Estudios Miñoranos: Baiona nas ondas do tempo, terá lugar o 27 de xullo, martes, ás 22 h. na Praza do Concello de Baiona. No mesmo participaran: Carlos Méixome, director do IEM; Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos; Ana María Rodríguez, Concelleira de Cultura e Carlos de la Peña, Alcalde de Baiona

Dende aquel momento o IEM puxo en marcha o Arquivo da Imaxe e do Son do Val Miñor, que dirixe a profesora �nxeles Bouzó. O traballo constante foi dando lugar a un arquivo fotográfico, de características que poderíamos denominar histórico, que supera, en moito, as mil imaxes. Deste fondo, que afortunadamente vai en aumento, tirouse un primeiro traballo en forma de libro: Imaxes para a memoria. Nel deseñouse un formato: unha foto do primeiro tercio do século XX comentada por un veciño ou veciña do Val Miñor de comezos do século XXI. Foron pois case sesenta fotos e sesenta textos. O libro, esgotado, tivo unha enorme acollida. Esa aceptación foi a que empurrou ao Arquivo da Imaxe e do Son do IEM a iniciar unha nova aventura: repetir o formato fotografía-texto, tomando agora cada un dos concellos do Val. Esta nova iniciativa concretase agora coa publicación de Baiona nas ondas do tempo. Nesta ocasión recóllense 65 fotografías acompañadas cada unha delas do seu correspondente texto.

 

Cumpre destacar o traballo do membro do IEM e director da Sección de Prehistoria do mesmo Xosé Lois Vilar Pedreira, baionés de nación e vocación, que posibilitou en grande medida a realización desta obra.

 

O acto de presentación desta nova publicación do Instituto de Estudos Miñoranos: Baiona nas ondas do tempo, terá lugar o 27 de xullo, martes, ás 22 h. na Praza do Concello de Baiona. No mesmo participaran: Carlos Méixome, director do IEM; Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos; Ana María Rodríguez, Concelleira de Cultura e Carlos de la Peña, Alcalde de Baiona.

 

Nesta presentación contarase tamén co baile da Danza das Espadas acompañado pola Banda de Música Municipal de Baiona.

 

www.minhor.org

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa