O próximo xoves 5 de agosto e dentro das Xeiras do IEM terá lugar un Paseo polos Pazos de Gondomar. O punto de reunión será ás 18 h. da Casa do Concello de Gondomar para iniciar o percorrido na Igrexa de Mañufe. Pode acudir todo o mundo que o desexe, e de forma gratuÃta.
A visita será guiada polos membros do Instituto de Estudos Miñoranos, Alfonso Soliño Troncoso e Carlos Méixome.
Ver o itinerario...

A IGREXA DE MAÃ?UFE.- Do século XVIII e estilo barroco. Planta de cruz latina e fábrica de perpiaño. Rodeada por un VÃa Crucis e enfrontada ao Cruceiro da Fe do atrio no que tamén se situado o palco da música.
PAZO DE MENDOZA.- Fundado por don Policarpo de Mendoza, nacido en Baiona en 1706. Foi Deán da Catedral de Santiago. Morreu en 1794 e foi sepultado na mesma Catedral de Compostela. ConstruÃu tamén a casa de Baiona coñecida como â??Casa de Mendozaâ?? ou â??Casa do Deánâ?? na Praza de Pedro de Castro.
A PONTE DE MAÃ?UFE.- De orixe e tipoloxÃa aparentemente romanas, foi obxecto de reconstrucción en épocas medievais. As sucesivas modificacións foron importantes, como o demostra que un perpiaño con inscricións, das que se deduce a data de 1140 d.C., estivese invertido. Podemos pois deducir que esta ponte é bastante anterior á ponte da Ramallosa.
O CRUCEIRO DE MAÃ?UFE E O â??LUGAR DO ACORDOâ??.- Dende a segunda metade do s. XVIII as 18 parroquias están integradas no Concello ou Partido do Val Miñor. No s. XVIII e comezos do s. XIX dirixÃa o Concello un Procurador Xeral que era elixido o primeiro de xaneiro de cada ano, ao mediodÃa, ao saÃr da misa. Este acto realizábase ao pé do Cruceiro de Mañufe, que era tamén a sede do concello; por iso se chama o â??Lugar do acordoâ??
O CAMIÃ?O REAL.- Dende o comezo da rota transitamos polo Camiño Real. En gran parte está baixo o asfaltado, aÃnda que nalgún treito consérvanse pegadas do trazado e pavimentado primitivo.
PAZO DE FONT�N.- � obra do século XVI. A súa planta orixinal en L sufriu moitas modificacións. No documento de fundación do morgado establécese a condición de que as mulleres fosen preferidas aos varóns, caso único no Val Miñor.
PAZO DE PAMPILLÃ?N.- ConstruÃdo no século XVII. A súa biblioteca foi incendiada no 1665 durante a guerra con Portugal. Muros de perpiaño. Conserva practicamente a distribución interior orixinal. Podemos destacar as grandes chemineas e o portón de acceso de elegante traza, asà como os monumentais brasóns. Posúe un gran canizo e dous enormes lagares que indican que foi unha poderosa casa agrÃcola. Outros elementos a destacar son o corredor do patio de armas e a escalinata da fachada oeste, asà como o xardÃn, que inclúe especies traÃdas de América e ten un gran interese botánico, e tamén a mina de auga á que se accede por unha escaleira preto da casa.
PAZO DE VILARÃ?S.- Foi construÃdo no século XVIII. Presenta muros de mamposterÃa con perpiaño nalgúns lugares salientables (recunchos, recercados dos ocos, etc.). Posúe dúas grandes solainas, unha en cada planta, con arcadas. Tiña unha torre, hoxe desaparecida. Conserva o remate ameado. Destaca os brasóns da portada e un fermoso pombal circular realizado en pedra. Non tiña capela, senón oratorio no interior. Foi restaurado, hai uns trinta anos, destinando os dous andares a vivenda.