Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Xeiras do IEM - Rutas dos Pazos de Gondomar
Xeiras do IEM - Rutas dos Pazos de Gondomar PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 03-08-2004

Visitas : 592


Pazo de Villarés - GondomarO próximo xoves 5 de agosto e dentro das Xeiras do IEM terá lugar un Paseo polos Pazos de Gondomar. O punto de reunión será ás 18 h. da Casa do Concello de Gondomar para iniciar o percorrido na Igrexa de Mañufe. Pode acudir todo o mundo que o desexe, e de forma gratuíta.

A visita será guiada polos membros do Instituto de Estudos Miñoranos, Alfonso Soliño Troncoso e Carlos Méixome.

Ver o itinerario...

7.jpg 9.jpg 12.jpg 14.jpg 15.jpg

A IGREXA DE MAÃ?UFE.- Do século XVIII e estilo barroco. Planta de cruz latina e fábrica de perpiaño. Rodeada por un Vía Crucis e enfrontada ao Cruceiro da Fe do atrio  no que tamén se situado o palco da música.

PAZO DE MENDOZA.- Fundado por don Policarpo de Mendoza, nacido en Baiona en 1706. Foi  Deán da Catedral de Santiago. Morreu en 1794 e foi sepultado na  mesma Catedral  de  Compostela.  Construíu tamén a casa  de  Baiona coñecida  como  â??Casa de Mendozaâ?? ou â??Casa do Deánâ?? na  Praza  de Pedro de Castro.

A PONTE DE MAÃ?UFE.- De  orixe  e  tipoloxía aparentemente romanas,  foi  obxecto  de reconstrucción en épocas medievais.  As  sucesivas modificacións foron importantes, como o demostra que  un perpiaño con inscricións, das que se deduce a data de 1140 d.C., estivese  invertido.  Podemos pois deducir que esta ponte é bastante anterior á  ponte da Ramallosa.

O CRUCEIRO DE MAÃ?UFE E O â??LUGAR DO ACORDOâ??.- Dende a segunda metade do s. XVIII as 18 parroquias están integradas no Concello ou Partido do Val Miñor. No s. XVIII e comezos do s. XIX dirixía  o Concello un Procurador Xeral que era elixido o primeiro de xaneiro de cada ano, ao mediodía, ao saír da misa.  Este  acto realizábase ao pé do Cruceiro de Mañufe, que  era tamén a sede do concello; por iso se chama o â??Lugar do acordoâ??

O CAMIÃ?O REAL.- Dende o comezo da rota transitamos polo Camiño Real. En gran parte está baixo o  asfaltado, aínda que nalgún treito consérvanse pegadas do trazado e pavimentado primitivo.

PAZO DE FONT�N.- � obra do século XVI. A súa planta orixinal en L sufriu moitas modificacións. No documento de fundación do morgado establécese a condición de que as mulleres fosen preferidas aos varóns, caso único no Val Miñor.

PAZO DE PAMPILLÃ?N.- Construído no século XVII. A súa biblioteca foi incendiada no 1665 durante a guerra con Portugal. Muros de perpiaño. Conserva practicamente a distribución interior orixinal. Podemos destacar as grandes chemineas e o portón de acceso de elegante traza, así como os monumentais brasóns. Posúe  un gran canizo e dous enormes lagares que indican que foi unha poderosa casa agrícola. Outros elementos a destacar son o corredor do patio de armas e a escalinata da fachada oeste, así como o xardín, que inclúe especies traídas de América e ten un gran interese botánico, e tamén a mina de auga á que se accede por unha escaleira preto da casa.

PAZO DE VILAR�S.- Foi construído no século XVIII. Presenta muros de mampostería con perpiaño nalgúns lugares salientables (recunchos, recercados dos ocos, etc.). Posúe dúas grandes solainas, unha en cada planta, con arcadas. Tiña unha torre, hoxe desaparecida. Conserva o remate ameado. Destaca os brasóns da portada e un fermoso pombal circular realizado en pedra. Non tiña capela, senón oratorio no interior. Foi restaurado, hai uns trinta anos, destinando os dous andares a vivenda.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa