Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Axenda arrow Dille - Con Carlos Blanco hoxe na Palma
Dille - Con Carlos Blanco hoxe na Palma PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 08-08-2004

Visitas : 667


O Parque de A Palma acollerá hoxe, ás 23.00 horas, o espectáculo «Dillei», a cargo de Nordesia Produccións e dirixido polo actor e director vigués, Carlos Branco.

Tratase dunha proposta de diálogo nunca vista, a retranca habitual de Carlos Blanco unida á calidade sonora e imponente presencia escénica de EclécticaEnsembel e as bases de DJ Snoocer.

DILLEI propón un novo camiño para o musical en galicia; un espectáculo onde a teatralidade e a música se conxugan indisolublemente.

DILLEI parte na busca de novos públicos, coa música en directo tanto tradicional coma electrónica, a narración dun dos mellores contadores de hoxe en día, Carlos Blanco, e unha posta en escena espectacular cun amplio despregue de luz, son e mesmo proxeccións de video en pantalla xigante.

DILLEI componse de dous "corpus" centrais, prologados pola lectura/recitado dun poema cedido por Antón Reixa para o espectáculo, caracterizado polo peculiar humor e xeito de escrita de Reixa.

No primeiro dos grandes "corpus" ironízase sobre a música tradicional, as súas letras, as cantigas, os comportamentos de todos e todas fronte delas; ¿quén inventa esas letras?, ¿qué queren dicir?, ¿ter un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía non é bigamia?, ¿canta xente fai play-back cando soa o himno galego?. A estas e outras moitas preguntas tentamos dar reposta.

Como enlace entre as dúas grandes partes de DILLEI serve (segundo a propia definición do narrador) un monólogo mutante, un espacio que o director, autor e narrador de DILLEI, Carlos Blanco reserva exclusivamente para el, para contar as súas historias, sen guión, sen trabas e sen censuras.

O segundo grande "corpus" de DILLEI achégase ao futuro, á ciencia ficción, un xénero pouco ou case nada abordado na nosa escena. Unha historia épica narrada en base ao texto de Carlos Blanco e apoiada na poesía de Lucía Aldao, escrita e adaptada especialmente para o espectáculo.

"Pandereteirax" é a historia de catro super-heroínas (Xiana, a muller aturuxo; Lúbrica, a muller tres en unha; Tebra, a muller da negra sombra e Amarga, a muller sen alcume) que se atopan e coñecen nunha noite do ano 128 despois do Prestige na entón capital de Galaecia: As Pontes de García Rodríguez.

A presencia do dj que da mesmo nome ao espectáculo non é obviamente casual. Ademáis dun profesional que aportará ritmo e estilo ao espectáculo, o dj supón nos nosos tempos unha figura en auxe.

O dj é un suministrador de ritmos, un pequeno dictador que decide cándo e cómo os demáis deben bailar. En DILLEI é unha figura indiscutible.

Non será todo obviamente, a presencia de catro actores-cantantes en directo puntuará o discurso do narrador de xeito permanente. Un diálogo entre tres será o cerne do espectáculo pero ao mesmo tempo é tamén o risco e a novidade que plantexa DILLEI.

DILLEI fala de cousas entendibles e disfrutables por un público amplio. Busca espectadores intelixentes, críticos, pero de calquera idade. Propón unha visión dunha Galicia moderna, capaz de sorprender e innovar. DILLEI quere ser e será unha posta ao día do musical no noso país.

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa