Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

12 10/08
Portada arrow Novas arrow Gondomar arrow Berrogüetto grava nas Cí­es, con enerxí­a solar, o seu novo disco
Berrogüetto grava nas Cí­es, con enerxí­a solar, o seu novo disco PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 08-10-2003

Visitas : 723


Anxo Pintos, un dos membros desta formación que naceu no ano 1995, explica que o último traballo do grupo foi Hepta, publicado no ano 2001. Na actualidade a formación prepara un novo disco: «Faltan por gravar catro temas pero supoño que para o nadal non estaría aí­nda; agardamos que saia na primavera do ano que vén», indica Pintos.

Pero a gran novidade deste novo traballo discográfico de Berrogüetto é que «estamos gravando con enerxía solar no parte natural das illas Cíes, na casa dos gardas forestais».

A base do novo cedé desta formación, que recibiu o Premio da Crítica alemana en 1997 polo seu primeiro disco, Navicularia , é «a música que fixemos hai uns anos para a serie documental Renovart , que ía sobre enerxías alternativas e emitiuse en Canal Plus», lembra Anxo Pintos.

Apunta o compoñente de Berrogüetto que este é un traballo moi especial que xurdiu cando a productora do programa e os membros do grupo «vimos que a música da serie tiña entidade propia por si sola». De tódolos xeitos, este é un cambio de rumbo nos discos anteriores de Berrogüetto, como Viaxe por Urticaria ou Hepta , xa que esta vez «máis que unha mensaxe musical concreta trátase de facer unha música máis atmosférica, un son para a creación dun climax».

Vídeo

O novo disco desta formación musical, para o que aínda non hai título, «terá trece ou catorce temas», indica Pintos. O cedé irá acompañado dun DVD no que se recollerá todo o proceso de gravación, «a plasmación desta idea que servirá, entre outras cousas, para amosar a riqueza do Parque Natural das Illas Atlánticas e a importancia que teñen para Galicia as enerxías alternativas», argumenta Pintos. Nesta línea, o portavoz de Berrogüetto pensa que este novo disco pode servir para descubrir e impulsar estas enerxías limpas, das que defende o seu uso no eido doméstico, «aínda que o certo é que as instalacións son moi caras e as subvencións da Comunidade Europea, non se sabe moi ben por que, nin se coñecen».

Fuente www.lavozdegalicia.es




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa