| o 14-08-2004
|
Visitas : 1006 |
A concellalÃa de Desportes de Baiona organiza unha nova edición da carreira pedestre popular. «Andar e Correr» cumple o 22 de agosto, os seus vinte anos de existéncia e por iso, os organizadores animan á participación dos baioneses para poder atinxir os 2.000 inscritos.
A carreira comezará ás dez da mañá e partirá desde o parque de A Palma para percorrer o conxunto histórico e as principais ruas. Os mais xovens, de entre 2 a 12 anos, repartidos en cinco categorias, segundo a sua idade; serán os primeiros en participar. ás once da mañá tomarán a saÃda os maiores e percorrerán dez quilómetros.
Todos os participantes receberán unha camisola e unha coca-rabo. Para as tres mellores de cada categoria haberá trofeus e os vencedores absolutos desfrutarán dun fin de semana no parador. As inscricións, na secretaria de turismo ou no teléfono 679196881.
Fonte: www.lavozdegalicia.es
|
|
|
|