| o 17-08-2004
|
Visitas : 430 |
O INSTITUTO DE ESTUDIOS MIÃ?ORANOS continua coas súas xeiras de visitas guiadas. Nesta ocasión realizaremos, en colaboración coa ConcellerÃa de Cultura, un paseo polo Casco histórico da Vila de Baiona.
O visita celebrarase o xoves 19 de agosto. O punto de encontro de todas aquelas persoas interesadas en participar será, ás 18 h., na praza do Concello de Baiona. A visita guÃada é gratuÃta para todo o mundo.
A visita será guiada polos membros do Instituto de Estudios Miñoranos (IEM) Xosé Lois Vilar Pedreira e Carlos Méixome Quinteiro que informaran aos asistentes sobre algunhas particularidades dalgúns dos edificios e lugares máis significativos da Vila que serán obxecto de visita, entre os que podemos citar o mesmo edificio da casa do Concello, a Igrexa da Misericordia, o convento das Dominicas, o vello Hospital e actual Biblioteca ou o Cruceiro da SantÃsima Trinidad, entre outros.
Ao marxe desta visita quedarán tanto a Colexiata como Santa Liberata que serán obxecto dunha visita máis demorada.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|