Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 09/08
Portada arrow Axenda arrow Xeiras do IEM - A Colexiata e Sta. Liberata
Xeiras do IEM - A Colexiata e Sta. Liberata PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 21-08-2004

Visitas : 415


O INSTITUTO DE ESTUDIOS MIÃ?ORANOS remata, por este verán, as súas xeiras de visitas guiadas. Nesta ocasión realizaremos unha visita a dúas das xoias da arquitectura baionesa: a Ex - Colexiata e a Igrexa de Santa Liberata. A visita celebrarase o martes 24 de agosto. O punto de encontro de todas aquelas persoas interesadas en participar será, ás 18 h., no adro da Colexiata

 A visita será guiada pola profesora de Arte Medieval da Facultade de Historia da Universidade de Compostela e especialista en arte románica, Marta Cendón.

 A Colexiata é o monumento máis importante dos moitos que posúe a Vila de Baiona. Pertence ao románico de transición (1278) e está claramente influenciada pola arquitectura de Santa María de Oia, nomeadamente nas capelas rectangulares e na colocación dos arcos da nave principal. De planta basilical con tres absidas rectangulares e tres naves, das que a central é moito maior que as laterais.

 Mentres, a Igrexa de Santa Liberata (1701) é dun estilo que poderíamos denominar un barroco italianizante; e ten a virtude de manter unha gran unidade estilística, tamén no interior.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa