O INSTITUTO DE ESTUDIOS MI�ORANOS remata, por este verán, as súas xeiras de visitas guiadas. Nesta ocasión realizaremos unha visita a dúas das xoias da arquitectura baionesa: a Ex - Colexiata e a Igrexa de Santa Liberata. A visita celebrarase o martes 24 de agosto. O punto de encontro de todas aquelas persoas interesadas en participar será, ás 18 h., no adro da Colexiata
A visita será guiada pola profesora de Arte Medieval da Facultade de Historia da Universidade de Compostela e especialista en arte románica, Marta Cendón.
A Colexiata é o monumento máis importante dos moitos que posúe a Vila de Baiona. Pertence ao románico de transición (1278) e está claramente influenciada pola arquitectura de Santa MarÃa de Oia, nomeadamente nas capelas rectangulares e na colocación dos arcos da nave principal. De planta basilical con tres absidas rectangulares e tres naves, das que a central é moito maior que as laterais.
Mentres, a Igrexa de Santa Liberata (1701) é dun estilo que poderÃamos denominar un barroco italianizante; e ten a virtude de manter unha gran unidade estilÃstica, tamén no interior.