| o 25-08-2004
|
Visitas : 852 |
O Concello de Baiona acollerá hoxe un concerto de música flamenca da man do cuarteto liderado polo guitarrista Cuchús Pimentel.
Esta formación interpreta unha música de fusión entre os sons da guitarra flamenca e a música tradicional galega. Cuchús Pimentel colaborou con astistas galegos da talle de UxÃa, Carlos Núñez, Emilio Cao ou Andrés do Barro. Desde 1989, tras un perÃodo de formación con Manolo Sanlucar dedicase fundamentalmente á guitarra flamenca, tendo realizado xa xiras por vários paises de Europa, Xapón e Marrocos.
Por outra parte, o aparcamento de Praia América, en Nigrán, acollerá ás 22 horas de hoxe a posta en cena da obra Bandoleiro , unha versión teatral de Wolf Helem sobre Otelo , de William Shakespeare.
Esta montaxe vanguardista da compaña A Hidra de Lerna aborda o tema da violencia contra a muller e os ciúme e utiliza o cine en alguns momentos.
www.lavozdegalicia.es
|
|
|
|