O verán vaise acabando e con el as festas. Logo teremos que pensar na volta os estudios, ou o traballo os que aÃnda non acabaron as vacacións. Ou nos regalos do Nadal... ¿Quen dixo que a festa acabou? Deica os Liñares de Canido non vamos dicir tal cousa. Algúns de vos tivestes a sorte de asistir a incrible festa cubana en Patos, o pasado sábado, con menú cubano, mojitos e concerto de Herrera Drake (voz e guitarra) e Carlitos (percusión), que foron acompañados por Eva (violÃn). Este último fin de semana de Agosto o programa vai ser moi completo, xa que están previstos espectáculos dende o xoves ata o sábado.
O xoves 26 terá lugar o concerto O Fillo Pausado de Magú (voz e guitarra) e Eva (violÃn)
O venres 27 JuanÃn presenta Parafernalias Varias II, un espectáculo de teatro, clown, mimo e mais...
O sábado 28 Festa Brasileira, na que ademais de caipirinhas haberá un concerto de Carlos Gustavo Almeida, que nos voltará a ofrecer unha interesante panorámica da Música Popular Brasileira (MPB)
Todas estes eventos terán lugar no Bar Patos, situado o pé da praia do mesmo nome, as 23:30 h .
Lembradevos de que tanto se aparecen nas novas como se non, sempre tedes infomación disponible sobre concertos e outras cousas na axenda de eventos, na parte inferior dereita do ValMi.