| o 27-08-2004
|
Visitas : 463 |

O próximo dÃa 29 a hora do almorzo haberá un â??pulpeiro do Carballiñoâ?? na Porta do Catro Camiños de Gondomar, como tódolos domingos. Nesta ocasión, como cada último domingo de mes, se retoma a Festa Gaiteira, tradición que se viu interrompida o mes pasado por coincidir co DÃa da Patria Galega.
Para quen non teña estado nunca, direi que moitos gaiteiros da zona se reúnen para se divertir tocando xuntos e comer o polbo regado con bo viño tinto. E non so da zona, xa que xa teñen tocado gaiteiros de Vigo, O Rosal, ou Melide, entre outros.
Os gaiteiros asiduos a estas celebracións pertencen a moitos grupos ben coñecidos, como, por citar algún, Son De Seu ou os Cempés.
A entrada é de balde e o Catro Camiños está na Praza de San Benito, en Gondomar.
Lembrádevos de que tanto se aparecen nas novas como se non, sempre tedes información dispoñible sobre concertos e outras cousas no calendario de eventos, na parte inferior dereita do ValMi."
|
|
|
 |
|
|
|
|
|