Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada arrow Opinión arrow Veciños de Vilaza elaboran un estudo para evitar acidentes
Veciños de Vilaza elaboran un estudo para evitar acidentes PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 27-09-2004

Visitas : 498


Os acidentes de tráfico contanse por decenas na paróquia gondomareña de Vilaza. Ainda que ninguén perdeu a vida ainda na estrada que une Pegonegro e Areíña, os veciños consideran que resulta moi perigosa. Por iso, realizan un estudo de tráfico e seguridade co fin de reclamar unha solución ás administracións.

O presidente da Asociación de Veciños O Castelo de Vilaza, Avelino Otero, asegura que cada ano se producen decenas de sinistros. "A maioría deles a causa do exceso de velocidade. Son moitos os coches que baixan a 140 ou 150 quilómetros por hora por este vial", argumenta.

Como resultado da conducción temerária por esta parroquia, cada poucos meses aparecen muros derribados. "Hai unha família que tivo que erguer ou muro dunha finca en repetidas ocasións. E xa non é a primeira vez que vos carros entran, literalmente, no baixo dunha casa que se encontra preto dunha curva", explica Avelino Oteiro.

O perigo se acrecenta ao existir numerosos nenos e persoas maiores na parroquia. "Temos unha escola infantil na parroquia, os maiores cruzan a calzada de forma máis lenta e mesmo hai xente que circula con animais ou con tractores cargados", sinala o presidente de O Castelo.

Co fin de aportar unha solución ao problema, directivos da asociación acudiron a Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para pedir mais sinais de controlo de velocidade, pasos de peóns e sinalizazón no entorno do centro escolar.

Ante a disposición da consellería a acabar con esta situación, os veciños presentarán o informe acompañado de fotografias. neste sentido, o colectivo anima aos veciños a aportar ideas para as incluir no estudio.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >