Logo das relacións "inapropiadas" entre Clinton e a súa bolseira, que rematou coa resposta en forma de bombardeo sobre Iraq; chegaron as cancións "inapropiadas" para o tempo desa suposta terceira guerra mundial que chegaba. O máis grande grupo radiofónico dos EEUU, Clear Channel Communications www.clearchannel.com, difundiu entre as súas emisoras unha listaxe de cancións non recomendables logo do atentado terrorista.
Algunhas son xa clásicos do rock e do pop mundial, incluÃndo grupos como AC/DC, The Bangles, Metallica, Louis Armstrong, Beatles ("Obla Di, Obla Da", entre outras), The Clash, Phil Collins, The Doors, Bob Dylan, Jimi Hendrix, Green Day, Peter Gabriel, Elton John, Lenny Kravitz, John Lennon ("Imagine"), Jerry Lee Lewis, Elvis Presley, Queen, Simon & Garfunkel ou o "New York, New York" de Frank Sinatra. Aqui poden ver a listaxe completa http://text.staticfree.info/banned_songs.html de cancións censuradas por mor das súas letras "inapropiadas".
Mais información en http://mais.vieiros.com/cambiaromundo/index.php