| o 31-12-2004
|
Visitas : 658 |
Pois unha boa alternativa é acudir á festa no Bar Patos, a partir da unha da mañán . Haberá un concerto do clásico da Música Cubana Manuel Herrera Drake (voz e guitarra), un home daquela xeneración que deu figuras como Compay Segundo ou Carlos Puebla, por citar algúns. Estará acompañado polo percusionista Carlitos, que non precisa de presentación no Val Miñor. Durante o concerto e mais tarde ata que a corpo aguante, haberá outras sorpresas e performances, da mán do dúo Le Triska Inmobile, que farán espectáculo de clowns, malabares, contacontos e o que faga falta. E por se eso non chegase, durante o concerto e mais tarde mentras dure a festa, Andreita vai preparar deliciosos mojitos e fantásticas caipirinhas de cachaza, para disfrutar con boa música e mellor compañÃa. O resto das consumicións serán tamén a precios razoables (como se pode ver no cartel anunciador) e de calidade, sin os habituais "garrafóns" tan frecuentes nestas datas.

|
|
|
 |
|
|
|
|
|