O sábado 29 ás 18:30 no Café Rañolas de Gondomar (fronte ao Centro de Saúde) haberá unha actuación lúdico-didáctica a cargo de Xavier Blanco. "INSTRUMENTOS POBRES" Música tradicional de Galiza.
Organiza: Asociación de mulleres Area Loura do Val Miñor
Xavier Blanco é natural de Moaña, terra do Morrazo. Mestre Gaiteiro e Técnico en Cultura Tradicional do Concello de Moaña, desenvolve e xenera a través da Escola Obradoiro de instrumentos musicais galegos, un valor social que garante a recuperación, mantemento e difusión das tradicións culturais e folclóricas de Galiza.
Este pastor melancólico dos castros morracenses, herdeiro da sabedorÃa da saga dos Soledás, leva o nome de Moaña polo mundo adiante, deixando constancia co seu traballo das achegas que o seu pobo leva feito á cultura tradicional galega.
A súa principal fonte de inspiración son as persoas de máis idade, das que aprende ao tempo que toma a responsabilidade da difusión dos coñecementos dos seus devanceiros.
Como Mestre Artesán, Xavier Blanco constrúe e restaura tódolos instrumentos tradicionais galegos. Para isto, aplica antigas técnicas de construcción aprendidas da sabedorÃa popular. Ten recuperado desde un verniz ecolóxico (fabricado dunha maneira totalmente natural) até técnicas de mariñado de madeiras ou aproveitamento de madeiras frutais, todo isto aplicábel no proceso de construcción dos instrumentos.
Visita a web de Xavier Balnco http://www.iespana.es/gaiteirodemoana/