Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada arrow Opinión arrow O curuto do corvo arrow Actuación de Xavier Blanco en Gondomar
Actuación de Xavier Blanco en Gondomar PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 25-01-2005

Visitas : 1038


O sábado 29 ás 18:30 no Café Rañolas de Gondomar (fronte ao Centro de Saúde) haberá unha actuación lúdico-didáctica a  cargo de Xavier Blanco. "INSTRUMENTOS POBRES" Música tradicional de Galiza.

Organiza: Asociación de mulleres Area Loura do Val Miñor

Xavier Blanco é natural de Moaña, terra do Morrazo. Mestre Gaiteiro e Técnico en Cultura Tradicional do Concello de Moaña, desenvolve e xenera a través da Escola Obradoiro de instrumentos musicais galegos, un valor social que garante a recuperación, mantemento e difusión das tradicións culturais e folclóricas de Galiza.

Este pastor melancólico dos castros morracenses, herdeiro da sabedoría da saga dos Soledás, leva o nome de Moaña polo mundo adiante, deixando constancia co seu traballo das achegas que o seu pobo leva feito á cultura tradicional galega.

A súa principal fonte de inspiración son as persoas de máis idade, das que aprende ao tempo que toma a responsabilidade da difusión dos coñecementos dos seus devanceiros.

Como Mestre Artesán, Xavier Blanco constrúe e restaura tódolos instrumentos tradicionais galegos. Para isto, aplica antigas técnicas de construcción aprendidas da sabedoría popular. Ten recuperado desde un verniz ecolóxico (fabricado dunha maneira totalmente natural) até técnicas de mariñado de madeiras ou aproveitamento de madeiras frutais, todo isto aplicábel no proceso de construcción dos instrumentos.

Visita a web de Xavier Balnco http://www.iespana.es/gaiteirodemoana/




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.