| Aberta nova convocatoria de axudas para informática, tamén no Val Miñor |
|
|
|
| Xoves, 10 de Febreiro do 2005 | ||||
Na ADR-MAIV, participan máis de 80 asociacións, a Mancomunidade da �rea Intermunicipal de Vigo, xunto con todos os seus Concellos, e a Xunta de Galicia. Ata o ano 2008, a ADR-MAIV promoverá un Programa Proder II, que será xestionado pola Mancomunidade da �rea Intermunicipal de Vigo. O través do PRODER II ADR-MAIV, financiaránse diversos proxectos, que suporán un investimento de 11.511.848,00 �. Dita cantidade, será cofinanciada por fondos comunitarios e das administracións estatáis e autonómicas, xunto coas achegas das administracións locáis e as entidades peticionarias. Os proxectos que opten ó programa, deberán emprazarse dentro do ámbito territorial que constitúen os termos municipáis de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela e Soutomaior, e seis parroquias do ámbito municipal de Vigo (Beade, Bembrive, Candeán, Saiáns, Valadares e Zamáns). |
||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|