Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 07/08
Portada arrow Axenda arrow BICOS CON LINGUA
BICOS CON LINGUA PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 17-03-2005

Visitas : 547


Hoxe xoves, ás 12,30h., representarase no Auditorio Lois Tobío de Gondomar a montaxe teatral Bicos con lingua de Talía Teatro, á que asistirán 200 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato de catro institutos do Val Miñor (IES Auga da Laxe, de Gondomar; IES 1º de Marzo, de Baiona; e IES Escolas Proval e IES Val Miñor, de Nigrán).

Bicos con lingua é unha montaxe que fai fincapé na situación sociolingüística de Galicia e nos problemas de uso da lingua galega en determinados ámbitos sociais, a través dun guión feito a partir de textos de diversos autores: Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Iglesias, Xavier Lama, Marta Echevarría e Núñez Singala.

Un cento de actuacións converten Bicos con lingua, premiado por partida dobre na última edición dos premios María Casares, na proposta escénica máis aplaudida e demandada polo público galego ao longo do 2004. A montaxe está dirixida por Avelino González e conta como únicos intérpretes cos actores Artur Trillo e Toño Casais.

Esta actividade, coordinada polo IES Auga da Laxe e dirixida a todos os alumnos de 2º de Bacharelato do Val Miñor, programouse como un complemento do programa da materia de Lingua Galega mais tamén como un convite que se fai ao alumnado a reflexionar sobre a situación social do galego. Segundo os seus promotores, Bicos con lingua é un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor á nosa lingua, aínda que en ningún momento se fai un exercicio de vitimismo; o que se pretende é afondar nun problema real e preocupante â??o descenso no número de falantes-, pero sempre cun necesario e gratificante sorriso na cara.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Elodio y los seres queridos

Axenda

Enquisa