Hoxe xoves, ás 12,30h., representarase no Auditorio Lois TobÃo de Gondomar a montaxe teatral Bicos con lingua de TalÃa Teatro, á que asistirán 200 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato de catro institutos do Val Miñor (IES Auga da Laxe, de Gondomar; IES 1º de Marzo, de Baiona; e IES Escolas Proval e IES Val Miñor, de Nigrán).
Bicos con lingua é unha montaxe que fai fincapé na situación sociolingüÃstica de Galicia e nos problemas de uso da lingua galega en determinados ámbitos sociais, a través dun guión feito a partir de textos de diversos autores: Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Iglesias, Xavier Lama, Marta EchevarrÃa e Núñez Singala.
Un cento de actuacións converten Bicos con lingua, premiado por partida dobre na última edición dos premios MarÃa Casares, na proposta escénica máis aplaudida e demandada polo público galego ao longo do 2004. A montaxe está dirixida por Avelino González e conta como únicos intérpretes cos actores Artur Trillo e Toño Casais.
Esta actividade, coordinada polo IES Auga da Laxe e dirixida a todos os alumnos de 2º de Bacharelato do Val Miñor, programouse como un complemento do programa da materia de Lingua Galega mais tamén como un convite que se fai ao alumnado a reflexionar sobre a situación social do galego. Segundo os seus promotores, Bicos con lingua é un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor á nosa lingua, aÃnda que en ningún momento se fai un exercicio de vitimismo; o que se pretende é afondar nun problema real e preocupante â??o descenso no número de falantes-, pero sempre cun necesario e gratificante sorriso na cara.