Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada
Nova infausta PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 17-06-2005

Visitas : 942


Por Carlos Méixome , publicado no Xornal A Peneira na sección A Chan de Val Verde

Unha triste noticia chegou a nós nestes días medianeiros de abril. Procedía de Madrid en forma de breve nota de prensa e tiña relación cun miñorán de vocación e afecto que dende hai moitas décadas nos visitaba.

Era unha nova irremediable: o falecemento de Javier Torrente Malvido. Fillo do escritor e devoto, como o pai, das fermosuras desta terra que nos acolle. Este agosto vai haber un fondo oco baleiro no paseo nocturno por Panxón. Alí sentado nunha cadeira do Eladio xa non toparemos a Javier Torrente na compaña de Miguel Viqueira e de José María Fonseca, lembrando, de cando en vez, algunha cousa que contara Carlos Casares noutros veráns de longas e demoradas conversas cheas de humor e vitalidade. Xa non nos fará participes de historias referidas a don Gonzalo, â??papáâ?? dicía sempre Javier; nin das aventuras dunha vida plena; nin das súas preocupacións pola marcha da Fundación Torrente Ballester; nin das carantoñas á súa filla cativa, â?? mi niñaâ??, chamáballe.

Gustaba de escoitar. Deixaba falar. Logo, de súpeto, con repouso e dominio da palabra narraba lentamente algunha das experiencias de quen fora de todo un pouco: activista antifranquista, bohemio, navegante, obreiro de múltiples oficios e, ante todo, un aventureiro cun aquel de romántico heroe decimonónico.

Nos últimos anos andaba á procura do publicado polo seu pai. Pasou meses e meses nas hemerotecas. Coa paciencia dun cativo na rebusca despois da festa que se foi, visitou páxinas e páxinas amarelecidas polo tempo nas que Gonzalo Torrente Ballester publicou miles de artigos. No último verán andaba moi interesado nos artigos de Xohán Carballeira.

A ben seguro non nos decataremos plenamente da súa ausencia ata que neste agosto paseemos baixo as estrelas escoitando o lene bater do mar contra a praia e non divisemos a lanzal figura de Javier Torrente achegándose ata nós.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >